Viña

Túnel do viño da D.O. Monterrei en Santiago

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 08/12/2022 4:47 p.m.

O luns 12 de decembro, os brancos e tintos da Denominación de Orixe (D.O.) Monterrei formarán parte dun Túnel do Viño, que terá lugar en Santiago de Compostela. A Bodeguilla de San Lázaro acollerá esta nova acción promocional da denominación, na que estarán presentes os viños de 20 adegas rexistradas. Desenvolverase entre as 18 e 21 horas, e nela presentaráselles aos asistentes as características edafoclimáticas, tradición vitivinícola, diferentes variedades de uva ou tipoloxías de produto, entre outras cuestións.

A actividade está destinada ao sector da distribución, canle HORECA, catadores, centros de hostalería e restauración, entre outros. Durante a iniciativa, os presentes tamén poderán coñecer os viños que se elaboran no territorio, da man das adegas que forman parte da devandita acción: Ladairo, Pazos del Rey, Gargalo, Castro de Lobarzán, Crego e Monaguillo, Quinta do Buble, Terras do Cigarrón, Triay Adegas de Oímbra, Pazo Blanco Núñez (Tapias Mariñán), Fragas do Lecer, Manuel Guerra Justo (Vía Arxéntea), Abeledos, Pazo de Valdeconde, Tabú, Franco Basalo, Alba Al-Bar (Daniel Fernández), Trasdovento, Fausto Rivero Pardo (Quinta Soutullo), Manuel Vázquez Losada e Manuel Regueiro García.

Para máis información e reservas: bodeguilladesanlazaro@gmail.com ou 981 566 607

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada