Viña

Tríptico sobre a xestión de pragas e a produción integrada no viñedo

Loading ad.
Ad could not be loaded.
14/09/2016 8:53 a.m.

A Consellería do Medio Rural ven de presentar un tríptico elaborado pola Estación Experimental de Viticultura e Enoloxía de Ribadumia, co que se pretende informar ao sector sobre a produción integrada no viñedo e aconsellar sobre a xestión de pragas.

Este tríptico ten como obxectivo dar unha maior difusión das técnicas de control de pragas e os aspectos máis relevantes para implantalas nos viñedos galegos. Así, vaise potenciar a combinación de técnicas culturais, de selección de vexetais, biolóxicas, biotecnolóxicas e químicas para que o emprego de produtos fitosanitarios se limite ao mínimo necesario nos viñedos galegos.

O obxectivo é reducir o emprego de produtos fitosanitarios nos viñedos galegos

Ademais, neste tríptico tamén se informa aos viticultores profesionais e adegueiros sobre a produción integrada, sistema de certificación da produción de uva obtida a partir do Sistema de Xestión Integrada de Pragas. Con este novo selo, o viño contará cunha nova etiquetaxe que garante ao consumidor un produto máis sostible e respectuoso co medio ambiente, así como unha calidade por riba dos estándares esixidos na normativa xeral.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Trátase este dun sistema de produción agraria máis próxima á elaboración tradicional pero que non ten por que ser ecolóxico. Utiliza ao máximo os recursos e os mecanismos de produción naturais mediante a introdución de tecnoloxías respectuosas co medio, asegurando unha produción de alta calidade e salubridade contrastada, así como a rendibilidade da explotación e a eliminación ou redución de insumos exteriores e de fontes contaminantes.

Descarga aquí o tríptico sobre produción integrada en viñedo

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada