Desenvolvemento rural

Traspásase explotación de coellos en funcionamento en Catoira

Campo Galego 02/06/2021 11:33 a.m.

Traspásase explotación gandeira en funcionamento no concello de Catoira. Actualmente está acondicionada para coellos, pero podería reconvertirse para ser destinada a outra actividade gandeira.

A explotación atópase en Coaxe e dispón de 6 naves, que suman uns 1.500 metros cadrados totais construídos. Existe a maiores posibilidade de alugar unha parcela de terreo de 500 metros cadrados ao lado das naves actuais.

Na actualidade esta explotación cunícola conta con 800 nais, aínda que ten capacidade para ampliar o número de reprodutoras até as 1.300.

Entre o gando co que conta actualmente hai nais preñadas, outras con crías e engorde listo para vender, o que posibilita continuar xerando ingresos da actividade desde o mesmo momento inicial. Ao mesmo tempo, a explotación conta tamén cunha elevada carteira de clientes para vendas de abono.

Os interesados poden chamar, preferentemente polas mañás ou durante as fins de semana, ao teléfono 649 346 422 (Manolo).

[caption id="attachment_144800" align="alignnone" width="660"] A explotación consta de seis naves cunha superficie total construída de 1.500 metros cadrados[/caption]

[caption id="attachment_144776" align="aligncenter" width="660"] Neste momento hai 800 nais, pero a capacidade das instalacións permite acoller a 1.300 reprodutoras[/caption]

 

[caption id="attachment_144770" align="aligncenter" width="660"] A explotación cunícola que se traspasa atópase en Coaxe, no concello de Catoira[/caption]

 

Etiquetado
Ir a la portada