Leite

Trascende unha nova ‘oferta lixo’ de leite ao día seguinte da reunión do acordo lácteo

O sector gandeiro continúa indignado polas promocións das cadeas de supermercados, pois considera que se trata dunha estratexia que levará á caída de prezos no campo

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 16/03/2018 8:41 p.m.

Os casos de abaratamento do leite na cadea de valor están sucedéndose nas últimas dúas semanas. O último trascendeu hoxe, un día despois de que industrias lácteas e cadeas de distribución se comprometeran ante o Ministerio a manter prezos sostibles do leite ao longo de toda a cadea. A nova oferta, que se coñeceu a través do sector gandeiro, corresponde a unha promoción de leite Solar, envasada por Río, que se comercializa no supermercado Plenus (Grupo Cuevas), de Quiroga, que abriu este mes.

A oferta de leite sitúase en 46 céntimos litro no caso do desnatado, 49 céntimos o semidesnatado e 52 céntimos o enteiro. Esta promoción súmase ás detectadas nos últimos días nos cash de Gadis e Eroski, se ben no caso de Vegalsa-Eroski a promoción foi retirada de inmediato, unha vez que se advertiu da situación. Gadis, pola súa banda, mantén a promoción.

[caption id="attachment_61457" align="alignright" width="320"] Promoción actual do cash de Gadis.[/caption]

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Desde o sector gandeiro considérase que a estratexia de abaratamento na que se están embarcando as cadeas de supermercados leva a un calexón sen saída, que rematará na caída dos prezos do leite no campo, de non adoptarse medidas.

Cómpre lembrar que o estudo da cadea do valor do leite impulsado pola Interprofesional Láctea hai un par de anos concluía que, cos prezos actuais no campo, a cadea de valor do leite estaría asumindo perdas no caso de que o prezo final no supermercado fose inferior a 71 céntimos. A situación actual é que as ofertas a menos de 60 céntimos están xeneralizadas, con casos puntuais de promocións a menos de 55 céntimos e incluso por baixo dos 50.

Reunión da comisión do acordo lácteo

Na reunión da comisión de seguemento do acordo lácteo, que se desenvolveu onte en Madrid, o Ministerio de Agricultura restoulle importancia ó problema da banalización do leite, atribuíndo os casos que están xurdindo a situacións puntuais non xeneralizables. Agricultura pediu un compromiso de estabilidade por parte de industrias lácteas e cadeas de distribución e animou ós supermercados a subscribir un código de boas prácticas na contratación alimentaria.

Desde o sector gandeiro, o secretario de Ganadería de Upa, o lalinense Román Santalla, que tamén estivo presente na reunión, advertía onte de que as ofertas a baixos prezos teñen que rematarse. “Pode ser que nalgúns casos haxa promocións de leite próximo á data de caducidade, pero nesas situacións o protocolo pasa polo seu envío a bancos de alimentos, non por facer promocións que deterioran o mercado e a imaxe do produto. O Ministerio ten que tomar cartas no asunto”, concluía.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

[box style="0"]

Actualización (19-III-2018)
O Grupo Cuevas precisa que a promoción de leite Solar no seu establecemento de Quiroga é unha "oferta puntual" ligada á apertura do supermercado. A cadea destaca que sempre se caracterizou pola "defensa dos produtos do rural galego", que teñen preferencia nos seus liñais, e lembra que os prezos de mercado adoitan estar condicionados polas políticas das grandes distribuidoras.

[/box]

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada