Leite

“Toda Sarria é gandeira”

Máis de 2.000 persoas e arredor de 800 tractores protagonizan unha nova mobilización comarcal en demanda de medidas que leven á recuperación de prezos do leite

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Gonzalo Brocos 25/08/2015 6:19 p.m.

Sarria protagonizou unha nova mobilización comarcal do sector lácteo na que se xuntaron máis de 2.000 persoas e uns 800 tractores. O éxito da protesta, a séptima en cabeceiras comarcais no que vai de mes, ilustra o peso da gandaría na economía de amplas zonas leiteiras do interior de Lugo, Coruña e norte de Pontevedra.

[Best_Wordpress_Gallery id="49" gal_title="Sarria mani"]

“Se desaparece a gandaría, Sarria queda nunha rúa”, sentencia un gandeiro para dar conta do peso do sector primario na comarca. “Sarria queda nunha rúa, a dos peregrinos”, completa outro entre risas. “Ata pechou o comercio chino, que sempre está aberto; nunca vira tal en ningún sitio”, lembrou na lectura do manifesto final Yolanda Díaz Gallego, unha histórica emigrante que foi directiva do Patronato de Cultura Galega no Uruguai.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

"Pechou ata o comercio chino, que sempre está aberto. Nunca vira tal en ningún sitio" (Yolanda Díaz Gallego)

A asistencia de tractores á protesta, arredor de 800, tamén desbordou as previsións da organización. “Viñeron todos os gandeiros, ata os que non estaban a participar de xeito activo en asambleas” -valora Elías Somoza, da Federación Rural Galega (Fruga)- "Toda Sarria é gandeira e todos os gandeiros están aquí", conclúe Somoza. “Esta asistencia dános unha idea da situación de urxencia das granxas”, engade Miguel Tomé, de Unións Agrarias.

A localidade lucense acollera o fin de semana pasado un festival internacional de maxia, aínda que para números de maxia, os que contan os gandeiros. “Ti pensa, érgueste pola mañá, fas números e imaxina que tes uns gastos ó mes de 500 euros e uns ingresos de 200 e así mes a mes, tódolos meses. Nós estamos dispostos a ir onde faga falta ata que esta situación se solucione”, explica Iván Pérez, un gandeiro que se incorporou á granxa hai 9 anos e que hoxe reflexiona sobre aquela decisión: “Se chego a saber como se ía poñer isto, non me metía aquí, pero agora xa estamos e a que nos imos adicar”, pregúntase.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

"A axuda do Goberno non ten pés nin cabeza. O leite ten que ter un prezo e deixarse de rabos de gaita" (Iván Pérez, gandeiro)

Desde o balcón da casa consistorial de Sarria, Yolanda Díaz chamaba ós gandeiros a “non afloxar”. “Hai que loitar –animaba-, pode sonar duro, pero é así. Hai que loitar polo voso, que a emigración é moi dura e sei do que falo”, advertía.

Axudas
Preguntados os gandeiros pola axuda de 300 euros por vaca que vén de anunciar o Ministerio de Agricultura para entre 2.500 e 3.000 explotacións, o sentir do sector é unánime. “Non ten pés nin cabeza. O leite ten que ter o seu prezo e deixarse de rabos de gaita”, demanda Iván Pérez.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

[caption id="attachment_13846" align="alignright" width="320"] De dereita a esquerda, José Luis González, Carlos Valladares e Iván Pérez.[/caption]

A axuda do Ministerio irá en principio para as explotacións que peor están cobrando o leite, como a de José Luis González, que ronda os 24 céntimos litro e baixando. A expectativa da posible axuda tampouco o convence. “Con estes prezos, estamos perdendo por lactación arredor de 1.000 euros, que é a diferenza entre cobrar o leite a 23-24 céntimos ou a 35, para cubrir custos de produción”, explica. “Que nos dean 300 euros non soluciona nada e o problema segue aí”, critica. “Temos uns gobernantes en Galicia e en Madrid que non se enteran nin da pataca”.

"Estamos perdendo 1.000 euros por lactación. Que nos dean 300 euros non soluciona nada e o problema continúa" (José Luis González, gandeiro)

González cuestiona en especial á deriva na que ve ó sector lácteo, sen estrutura e sen control gubernamental. “Aumentouse moito a produción, en parte porque as industrias animaban e mesmo financiaban o aumento de vacas, e agora atopámonos con que os prezos foron á baixa, cando noutras zonas de España, como Asturias, a cousa non foi así. Estamos sen gobernos –reitera- porque se houbera gobernos… Mira o que fixeron os franceses. En dous días solucionaron o problema”.

A comparación da situación española co acordo de prezos francés repítese nos argumentos dos produtores. “Como aquí temos os prezos máis baixos de Europa e lle facemos competencia a Francia, a esperanza que temos é que o goberno francés lle tire das orellas ó presidente que temos aquí”, ironiza Carlos Valladares. “A solución pasa polo prezo”, demanda. “Despois de todo o que investimos en cota, mira nas que estamos. Esperamos unha solución dos gobernantes, e se non, que se vaian".

"Despois de todo o que investimos en cota, mira nas que estamos. Esperamos unha solución dos gobernos" (Carlos Valladares, gandeiro)

A mensaxe das organizacións agrarias seguiu a mesma liña. “Toda axuda é benvida, pero o quid da cuestión é solucionar o problema dos prezos”, advertía Miguel Tomé, de Unións Agrarias. “O Goberno puxo en marcha axudas disuasorias para tentar desmobilizar, pero en lugar diso, cada vez imos a máis”, critica Elías Somoza, da Fruga. O xoves, nova mobilización en Curtis e para a semana en Compostela.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada