Carne

Ternera Gallega acorda que o acabado dos becerros de Suprema sexa acortellado

A gran maioría do pleno do consello regulador considera que a medida é precisa para manter o carácter tenro que diferencia á IXP, así como para lograr unha maior uniformidade. O Sindicato Labrego, pola contra, acusa á Indicación Xeográfica dunha deriva industrial que vai en prexuízo das granxas tradicionais

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 14/11/2023 9:14 a.m.

O cebo final dos becerros de Ternera Gallega Suprema terá que facerse en recintos acortellados, polo que quedarían excluídos os animais que fagan o cebo final ao aire libre en base a pasto. A medida busca lograr unha maior uniformidade no acabado dos animais, así como preservar elementos diferenciais da IXP, como o carácter tenro da carne.

Esta decisión sobre o acabado final dos animais, que terá que tramitarse ante a UE como unha modificación do prego de condicións, ten a única oposición do Sindicato Labrego, que acusa á Indicación Xeográfica Protexida dunha deriva industrial.

A organización agraria propuxo no último pleno que nos sistemas de produción extensivo e semiextensivo, o acabado se puidese realizar ou ben mediante estabulación ou ben ao aire libre no pasto, "sendo parte da marca os animais de ambos métodos que acaden os grados de engraxamento e conformación recollidos na orde".

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Ambas alternativas foron votadas no pleno, sendo o resultado de 15 votos a favor do acortellado final dos animais e 1 voto, o do Sindicato Labrego, a favor de permitir o cebo final ao aire libre, segundo sinala o propio Sindicato Labrego en nota de prensa.

“É dicir, os 8 vogais das industrias, os 3 de Asaga -en representación dos cebadoiros-, os 2 de Unións Agrarias e os 2 de Gandeiros Galegos de Suprema votaron a favor de eliminar da marca a todas aquelas granxas que non ceben ou a aquelas granxas que non teñen instalacións para cebar xatos”, sostén o Sindicato Labrego.

Para o Sindicato Labrego, isto é unha evolución cara un modelo de produción “intensivo e industrial” para a Terneira Galega Suprema.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

“Esta modificación afecta a todas as granxas da produción tradicional galegas, tanto a aquelas que ceban acortellado como ás que non, polo que a nova normativa está abrindo a marca a que dentro de pouco os cebadoiros poidan cebar xatos comprados as granxas de vacas e sacar estes ao mercado como Terneira Suprema”, opina o Sindicato Labrego.

A organización agraria, por último, anuncia que traballará en Bruxelas, a través da coordinadora europea Vía Campesiña, para oporse a este cambio do prego de condicións de Ternera Gallega Suprema.

https://www.campogalego.gal/granxas-de-suprema-disporan-dun-periodo-transitorio-de-dous-anos-para-acortellar-os-becerros/

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada