Noticias de empresa

“Terdim controla un amplo espectro de malas herbas no millo con alta persistencia”

O herbicida de SIPCAM Iberia para uso en pre-emerxencia do cultivo actúa contra as malas herbas máis habituais de folla ancha, de folla estreita e xuncia

Campo Galego 08/03/2022 12:15 p.m.

O herbicida para millo Terdim®, de SIPCAM Iberia, destaca pola súa persistencia e polo seu control dun amplo espectro de malas herbas, incluída a xuncia. Falamos sobre as súas características e recomendacións de uso do produto con Patricia de Blas, delegada de Marketing Operativo e especialista en cultivos extensivos da compañía.

- Que diferenza a Terdim® do resto de produtos para millo?
- Os nosos clientes merécense unha solución herbicida de primeiro nivel, para o seu uso na pre-emerxencia do cultivo, que estea desenvolvida pensando nas características e necesidades do millo galego. Terdim® vén complementar o catálogo actual de SIPCAM Iberia, que tradicionalmente lle veu ofrecendo ao produtor ferramentas solventes, tanto en pre-emerxencia como en post emerxencia do cultivo.

- Para que tipo de malas herbas se recomenda a súa aplicación?
- Terdim® está concibido coa intención de ofrecer nun só produto unha solución eficaz tanto para malas herbas de folla ancha (como P. persicaria, Chenopodium, Amaranthus, Portulaca, Solanum, Datura ) como as de folla estreita (Echinochloa, Digitaria, Setaria ou Shorgum) e cun considerable control da emerxencia de xuncia.

- En que fase do cultivo e das malas herbas é conveniente o seu emprego?
- Está autorizado para ser aplicado antes da nascencia do cultivo. Recoméndase a súa aplicación sobre solo húmido, ben preparado, ou previamente a unha choiva que incorpore o tratamento, asegurando así a súa máxima eficacia no control das nascencias de malas herbas.
Así, asegurarémonos de ter unha parcela limpa antes do peche do cultivo, fase crítica de competencia con malas herbas.

- Que ensaios previos realizaron e cal foi o resultado do herbicida?
- O departamento de Desenvolvemento de SIPCAM Iberia, formado por 6 investigadores, vén realizando probas de campo con Terdim® desde 2017. Realizáronse 21 ensaios nas principais zonas de millo de España (Galicia, Castela e León, Estremadura, Aragón e Cataluña), con resultados moi satisfactorios.

- Que destacan do efecto do produto sobre as malas herbas habituais no millo en Galicia?
- Varios son os factores clave neste aspecto:
1º - O moi bo desempeño de Terdim®, evitando a emerxencia de xuncia, unha das principais dores de cabeza do produtor galego.
2º.: A longa persistencia, que nos axuda a controlar as emerxencias graduadas de malas herbas.
3º.: O amplo espectro de control de malas herbas típicas.

- Recomendan combinar ou alternar o uso de Terdim® con outros produtos, ben para mellorar a eficacia dos tratamentos, ben para evitar a aparición de resistencias?
- Partindo das características propias da rexión (forte infestación de malas herbas, grandes aportes de esterco, chans ricos e húmidos, presenza de malas herbas resistentes, como Chenopodium ás triazinas) e baseándonos no mencionado desenvolvemento do produto feito en Galicia, é posible atopar situacións problemáticas nas que sexa preciso complementar a acción de Terdim® con outros formulados.

- De ser así, con cales?
Desde SIPCAM recomendamos Bismark® como complemento perfecto. Aseguraremos así, por unha banda, o máximo control das malas herbas, e por outro evitaremos a proliferación de poboacións de malas herbas resistentes. Co uso de ambos, estamos a aplicar 4 materias activas con modos de acción totalmente distintos entre si.

  Famiia química Modo de acción Código HRAC
Terdim®      
Terbutilazina Triazinas Inhibición del fotosistema II en la reacción de
Hill
C1/5
Dimetenamida-p Cloraoacetamidas Inhibición de la división celular K3/15
Bismark®      
Pendimetalina Dinitroanilinas Inhibe la formación de microtúbulos K1/3
Clomazona Isoxazolidinonas Inhibición de la enzima DOXP F4/13

- É posible a súa combinación en tanque con outro tipo de produtos, como praguicidas?
- No momento de aplicación de Terdim®, a pre-emerxencia do millo, non adoitan aplicarse outros fitosanitarios, pero non vemos inconveniente en facelo.

No noso catálogo contamos cun produto insecticida con abono microgranulado, moi coñecido en Galicia, Trika® Lambda 1. Este aplícase xunto coa semente no momento de sementeira para, ademais de combater as principais pragas de chan, lograr máis plantas por hectárea, con maior uniformidade e vigor grazas ao seu efecto estárter.
Con estas dúas ferramentas, o agricultor está a apostar polo éxito da súa colleita desde o principio: máis plantas, máis fortes e sen competencia.

- Que recomendacións de manexo lle darían a un agricultor para un bo control de malas herbas en millo ao longo de sucesivas campañas?
- É importante en chans tan ricos e húmidos como os galegos practicar unha loita contra as malas herbas na que se combinen a rotación de cultivos, os labores mecánicos e a alternancia de herbicidas de distintos modos de acción.

Se por comodidade acabamos utilizando o mesmo herbicida continuadamente ano tras ano, potenciaremos as herbas presentes, que de forma natural son xa resistentes a el, xerando así unha poboación resistente.

Etiquetado
Ir a la portada