Carne

Terceira semana consecutiva de subidas en Ternera Gallega

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 15/10/2015 2:07 p.m.

A mesa de prezos de Ternera Gallega en Amio acordou por terceira semana consecutiva unha suba das cotizacións, se ben nesta ocasión só para Ternera Gallega Suprema, que sobe 2 céntimos por mor dunha lixeira baixada da oferta.

En canto á mesa de prezos de Abasto, os valores continúan igual que a pasada semana. Apréciase, non obstante, unha tendencia á baixa nas cotizacións do gando de recría frisón pola afluencia de reses de Francia. No gando de cor, en cambio, hai perspectivas en recría de mellora dos prezos. En becerros para carne de ata 180 quilos, hai unha tendencia á alza nos prezos das clases R e U.

A asistencia de gando á feira de Amio, en Santiago, foi esta semana de 2.060 reses, 11 menos que na anterior. Houbo 1.511 cabezas de vacún menor, 283 de vacún mediano e 241 de vacún grande.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Táboa completa das cotizacións de Amio (14-10-2015)

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada