Viña

Teñen futuro os viños brancos na Ribeira Sacra?

Loading ad.
Ad could not be loaded.
09/05/2022 7:25 p.m.

O Grupo de Desenvolvemento Rural Ribeira Sacra-Courel organiza para o proximo 20 de maio unha xornada sobre as posibilidades de cultivo e elaboración de viños brancos na Ribeira Sacra, unha denominación que nestes momentos case elabora en exclusiva viños tintos, principalmente da variedade mencía.

A xornada celebrarase a partir das 16:30 horas na Casa da Cultura de Quiroga e finalizará ás 20:45 horas coa degustación de viños brancos das adegas participantes.

Entre os relatores destacan expertos no sector vitivinícola a nivel nacional como José Hidalgo Togores, doutor enxeñeiro agrónomo, enólogo e asesor técnico vitivinícola ou Rafael del Rei, director xeral da Fundación Observatorio Español del Mercado del Vino e xerente da Fundación Cultura del Vino. Así mesmo, organizarase unha mesa redonda sobre experiencias en viños brancos de España, en concreto na Rioxa, Illas Canarias e na Denominación de Orixe Rueda, e outra sesión sobre os viños brancos galegos.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Para inscribirse é necesario cubrir este formulario: https://forms.gle/WXs5HHbcRAj2MAgS8

Programa da xornada Teñen futuro os viños brancos en Ribeira Sacra?: 

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada