Carne

Tendencia de suba na recría de rubia galega e cruce

As mesas de prezos de Amio manteñen sen cambios as cotizacións de Ternera Gallega

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 01/12/2016 10:00 a.m.

O gando de recría centrou esta semana os principais cambios de prezos. En Amio, os vogais da Mesa de Prezos de Abasto coincidiron en apreciar unha tendencia á alza nos xatos de recría descostrados e lactantes de rubia galega e de cruces. Esa circunstancia, unida á necesidade de axustes técnicos, levou ás seguintes subidas:

- 10 euros a calidade boa das femias descostradas de cruzada e as lactantes de rubia galega, así como a calidade inferior desta última raza.
- 20 euros a calidade regular das femias descostradas de cruzada e das lactantes de rubia galega, así como as calidades extra e boa das femias e dos machos lactantes de cruce.
- 30 euros a calidade inferior das femias decostradas de cruce.
- 40 euros a calidade regular dos machos lactantes de rubia galega.

En gando de abasto para sacrificar, producíronse tamén axustes técnicos nas clasificacións U e R das canais comprendidas no treito de peso dos 181 a 220 quilos, que subiron entre 10 e 20 céntimos. O resto de prezos de becerros de abasto e vacún maior mantense sen cambios.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Tampouco houbo modificacións nos prezos de Ternera Gallega, que se mantén estable nas últimas semanas.

En canto á asistencia de gando á sesión desta semana, entraron no recinto 2.170 reses, 87 máis que a pasada semana. Houbo 1.649 cabezas de vacún menor, 266 de vacún mediano e 241 de vacún grande.

Máis información
- Táboa completa das cotizacións de Amio (30-XI-2016)

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada