Carne

Tendencia á baixa nos prezos no mercado de Amio

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 31/01/2024 1:53 p.m.

Os prezos do gando que concorreron na xornada de hoxe no mercado de Amio tenden á baixa, como é habitual nesta época do ano, segundo indican desde a organización. Aínda así, por motivos de axuste técnico subiron os prezos dalgunhas canles de vacún e a clasificación O do vacún maior.

En canto á asistencia de gando, na sesión de hoxe pasaron 1.739 reses, 35 máis que na semana pasada. En detalle, a afluencia foi de 1.496 cabezas de vacún menor (+41), 84 de vacún mediano (+6) e 159 de vacún grande (-12).

Os vogais da Mesa de Prezos da Indicación Xeográfica Protexida Tenreira Galega decidiron baixar 0,05 euros os prezos de todas as canles de Suprema e Tenreira.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Máis información

- Táboa completa dos prezos de Amio (31-I-2024).

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada