Carne

Tendencia á baixa no Mercado de Amio

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 27/07/2023 3:03 p.m.

Os prezos mantivéronse esta semana sen cambios significativos no Mercado de gando de Amio con respecto da sesión pasada. Con todo, segundo a sondaxe realizada entre os asistentes, apréciase unha tendencia xeral á baixa.

Pola súa banda, os vogais da Mesa de Prezos de Ternera Gallega acordaron manter sen cambios as cotizacións de todas as categorías e canais desta carne.

En canto á asistencia houbo 1.461 reses, o que supón tan só unha máis que na sesión da semana pasada. En concreto, na feira deste mércores contabilizáronse 1.249 cabezas de vacún menor, 42 máis que na sesión anterior. Houbo 104 de vacún mediano (4 máis) e 108 de vacún grande (45 menos que a semana pasada).

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Máis información
–Táboa de cotizacións de Amio (26-VII-,).

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada