Carne

Tendencia á baixa na recría Frisoa na primeira feira do ano en Amio

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 05/01/2022 5:32 p.m.

A primeira feira de gando do ano celebrada este mércores no recinto feiral de Amio (Santiago) case non deixou cambios nas cotizacións. Unha das únicas novidades foi que se aprecia unha tendencia á baixa nos prezos da recría da raza Frisoa, tal e como se extrae da sondaxe realizada entre os usuarios da sesión. Mentres, mantéñense sen cambios o resto de categorías e calidades tanto do gando de recría como de abasto.

Os vogais da mesa de prezos da Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Ternera Gallega tamén acordaron manter os prezos da sesión anterior.

En canto á asistencia de gando, contabilizáronse 1.738 reses, o que supón 11 animais máis que a semana pasada. Houbo 1.536 cabezas de vacún menor (73 máis que na sesión anterior), 116 de vacún mediano (9 menos) e 86 exemplares de vacún grande (53 reses menos).

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Máis información
– Táboa de cotizacións de Amio (5-I-2022).

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada