Carne

Tendencia á baixa da recría de frisona e suba en Ternera Gallega

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 21/10/2021 10:01 a.m.

Os vogais da Mesa de Prezos de Ternera Gallega, que cada semana se reúnen coincidindo coa feira de Amio para marcar prezos de referencia, acordaron esta semana unha suba de 2 céntimos en todas as canais de Suprema e de Ternera Gallega.

No mercado, unha sondaxe entre as persoas usuarias realizada pola organización permite concluír que se manteñen os prezos da sesión anterior para todas as categorías e clases de gando, tanto recría, como becerros e vacún maior. Apréciase, non obstante, unha tendencia á baixa nos prezos da recría frisona.

A asistencia de gando ó mercado desta semana foi de 2.014 reses, 269 máis que a pasada semana. Houbo 1.581 cabezas de vacún menor (181 máis), 234 de vacún mediano (81 máis) e 199 de vacún grande (7 máis).

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Máis información
- Táboa de cotizacións do mercado de Amio (20-X-2021).

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada