Carne

Tendencia á alza en Ternera Gallega e becerros de abasto

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 14/10/2021 6:32 p.m.

A Mesa de Prezos de Amio, que se celebra cada semana en paralelo ó mercado gandeiro, acordou unha suba de 2 céntimos nos prezos de todas as categorías e calidades da Indicación Xeográfica Protexida, tanto en Suprema como na categoría convencional.

No mercado gandeiro, unha sondaxe realizada pola organización entre as persoas usuarias constatou tamén unha tendencia á alza no prezo dos becerros/as de abasto para sacrificar, cun mercado que se desenvolve con máis axilidade da habitual nas últimas semanas. O resto do gando, tanto en recría como en vacún maior, mantívose en prezos similares á anterior sesión.

No mercado desta semana houbo 1.400 cabezas de vacún menor (133 menos que na sesión anterior), 153 de vacún mediano (28 menos) e 192 de vacún grande (10 reses menos).

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Máis información
- Táboa de cotizacións do mercado de Amio (13-X-2021).

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada