Carne

Tendencia á alza da recría de frisóns

A mesa de prezos da IXP Ternera Gallega mantén as cotizacións das últimas sesións

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 04/05/2017 11:41 a.m.

As mesas de prezos de Amio levan un mes nunha liña de estabilidade, sen a penas variación de prezos. Na sesión desta semana, o único cambio estivo nos machos frisóns de ata dous meses, que soben 10 euros. A Mesa de Prezos de Abasto aprecia unha tendencia á alza nos frisóns de recría, en tanto o resto do mercado segue unha liña continuista.

En Ternera Gallega, a Mesa de Prezos da IXP repetiu as cotizacións das últimas semanas. En canto á asistencia de gando á feira, esta semana entraron no recinto 2.097 reses, 315 menos que a pasada semana. Houbo 1.542 cabezas de vacún menor, 245 de vacún mediano e 302 de vacún grande.

Máis información
- Táboa completa das cotizacións de Amio (3-V-2017)

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada