Carne

Tendencia á baixa no mercado de abasto e de Ternera Gallega

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 03/03/2016 6:16 p.m.

Os mercados de vacún de carne amosan nas últimas semanas unha tendencia á baixa. As mesas de prezos de Amio acordaron esta semana novas baixadas en abasto, Ternera Gallega e na recría de rubia galega e de cruces. Só subiron os xatos de recría frisóns.

Na Mesa de Prezos da IXP Ternera Gallega, decideuse por maioría de votos a baixada de 2 céntimos nos prezos de todas as categorías e calidades de carne. Na Mesa de Prezos de Abasto, por unanimidade dos vogais, acordouse o seguinte:

- En recría, baixar 10 euros os prezos das calidades extra e boa das femias e dos machos descostrados e lactantes de rubia galega e de cruces; así como subir 5 euros os prezos de todas as calidades de machos lactantes de raza frisona.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

- En abasto, baixar 0,10 euros os prezos de todas as clasificacións, excepto a P ata os 250 quilos de peso. Os prezos do vacún maior mantéñense igual, pero tamén se aprecia unha tendencia á baixa.

A asistencia de gando á feira de Amio deste mércores foi de 2.219 reses, 42 menos que na anterior sesión. Por categorías, houbo 1.673 cabezas de vacún menor, 229 de vacún mediano e 297 de vacún grande

Máis información
- Táboa completa das cotizacións de Amio

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada