Category Archives: Columna Empresa

Novidades do catálogo 2024 de Bayer en millo forraxeiro para Galicia

Dekalb, marca líder en sementes de millo e integrada na multinacional Bayer, celebrou o pasado mes de marzo en Toques (A Coruña) unha xornada técnica na que tamén presentou as súas novidades no seu catálogo de sementes de millo forraxeiro para este 2024.

En concreto, Anxo Valiño, responsable do departamento de desenvolvemento de mercado de Bayer para a Cornixa e Castela e León, foi o responsable de presentar as distintas novidades desde os ciclos 250 a 600. Son estas:

DKC 3513:

Un ciclo 250 que vén a substituir ao DKC 3575. Representa unha mellora en potencial produtivo. Os datos dos últimos 3 anos de campos de ensaios conclúen que produce case dúas toneladas máis de materia húmida e unha tonelada máis de materia seca. Presenta moi boas calidades de silo, como as de DKC 3575, excelente staygreen e é mellor en sanidade que o seu predecesor, con maior resistencia tanto fronte a roia como fronte a helminthosporium.

DKC 4897:

Un ciclo 300 que é un perfecto complemento a DKC 4598, un 300 máis curto, e a DKC 4621, un ciclo 300 máis longo. Ten moi boas calidades de silo, con mazaroca redonda e ciclíndrica, excelente staygreen e moi boa tolerancia ao fungo helminthosporium, sendo o que presenta mellor sanidade dos ciclos 300. “O DKC 4897 é perfecto para, sen alargar moito máis o ciclo, realizar sementeiras máis tardías e aumentar o potencial produtivo en 2 toneladas máis respecto ao DKC 4598, que é un ciclo 270”, aconsella Anxo Valiño.

DKC 5432:

Novo ciclo 400 medio con moito potencial para ser o híbrido de millo forraxeiro máis vendido en 2025, desbancando ao DKC 5911. Trátase dun moi bo complemento ao DKC 5144, moi produtivo, con bo staygreen e ideal para gran húmido, con boa tolerancia a helminthosporium e as mesmas calidades que o DKC 5144. “DKC 5432 é máis produtivo que o 5144, con 3 toneladas máis de materia húmida e 2 toneladas máis de leite por hectárea. Ademais, mantén a mesma calidade do 5144 e para os que queren dobre aptitude, para silo ou gran húmido ou pastone, é o mellor híbrido do mercado, pois ten un talo moi bo que permite que se cultive máis tarde para gran ou pastone, sen que caia debido ao vento ou a choiva. Claramente é a nosa recomendación para os gandeiros que queiran sementar un ciclo 400”, resume Anxo Valiño.

 “DKC 5432 é a nosa recomendación para os gandeiros que queiran sementar un ciclo 400”

Ademais, dentro do ciclo 400, Bayer dispón doutros dous híbridos: o xa citado DKC 5144 pero tamén o DKC 5110, un ciclo 400 curto que recomendan para os que sementan un 300 longo, pois produce máis materia seca, ao redor dunha tonelada máis, que un DKC 4621 -ciclo 300 longo- con ao redor de só 10 días máis de cultivo.

Ciclo 500:

Ademais, e aínda que non é unha novidade, o catálogo de Bayer-Dekalb para 2024 inclúe tamén o DKC 5911, o ciclo 500 máis vendido e demandado en Galicia. Destaca pola súa boa tolerancia a helminthosporium, moita produción de materia seca e de litros de leite e bo look e staygreen.

Ciclo 600:

Por último, Bayer tamén inclúe como novidade o DKC 7023, un ciclo 600 longo con récord de produción en silo, que destaca tamén pola súa boa resistencia a caída grazas ao seu talo flexible e a un sistema radicular forte. Ademais, é de subliñar a súa excelente tolerancia a helminthosporium e moi bo staygreen.

Máis información:
https://www.cropscience.bayer.es/Dekalb/Maiz-Silo

Empeza unha nova era para a fertilización orgánica con VIZURA® de BASF

Debido ao desenvolvemento do sector gandeiro nos últimos anos, en España actualmente xérase un volume considerable de xurros e dexeccións. Grazas ao seu importante contido en nitróxeno, maioritariamente amoniacal, o xurro representa un recurso importante ao dispor do agricultor á hora de abonar.

Porén, a aplicación de xurro en chans agrarios en 2020 xerou o 28% das emisións nacionais (principalmente de amoníaco) derivadas das actividades agrarias.

Resulta lóxico entón, que a fertilización e o bo estado agronómico dos  solos se teñan en consideración nas estratexias relacionadas co Pacto Verde europeo, así como nas directrices marcadas polos gobernos nacionais. España acaba de publicar o Real Decreto, 1051/2022, cuxo obxectivo é regular o uso sostible da fertilización de cultivos, e concretamente, o uso de xurro para reducir de forma contundente o seu impacto ambiental e maximizar o seu potencial fertilizante. O decreto autoriza o uso de produtos inhibidores da nitrificación, como Vizura® de BASF.

Con Vizura® o agricultor ten ao seu dispor unha ferramenta que lle permite mellorar a eficiencia do nitróxeno do xurro, obtendo incrementos medios de colleita do 7% de materia seca producida de cultivo (media calculada entre máis de 400 ensaios) respecto a un xurro convencional, mentres reduce considerablemente as emisións ligadas á súa aplicación.

O uso de Vizura® no xurro como fertilizante supón un aforro considerable de insumos para o agricultor e moita máis flexibilidade á hora de organizar o traballo de campo. Vizura® retén no chan o nitróxeno achegado co xurro no abonado de fondo durante máis semanas, permitindo que o cultivo o vaia aproveitando a medida que se desenvolve.

Nitrificación, proceso clave do nitróxeno no solo

Ata o 50% do nitróxeno achegado no abonado (mineral ou orgánico) pode perderse sen que as plantas o aproveiten. O nitróxeno do xurro transfórmase en nitrato que, por acción da auga de rega ou choiva, acaba disolto co risco de alcanzar por lixiviación as augas subterráneas. Ademais, cando chega a determinada profundidade, xa non pode ser aproveitado polas raíces do cultivo.

Pero os problemas do nitróxeno non acaban aquí: este nitrato pode ser transformado en óxido nitroso (N2O) e desprenderse na atmosfera pola súa volatilidade.

Esta perda do nitróxeno por lavado ou emisión á atmosfera provoca perdas económicas, xa que reduce a eficacia do nitróxeno achegado, o potencial produtivo e a rendibilidade do cultivo. Tamén hai prexuízos de índole ambiental e social debido a que o lavado e acumulación de nitratos nas augas subterráneas pode chegar a limitar ou impedir o uso de auga de recursos freáticos e a emisión de gases con efecto invernadoiro ten un impacto a longo prazo no cambio climático.

Grazas a Vizura® a redución destas perdas é importante e varía moito en función do solo, podendo mesmo superar o 65%. Doutra banda, dun xurro mesturado con Vizura® tamén se reducen as emisións de gases nitroxenados ata un 45%.

Empeza unha nova era para a fertilización orgánica, onde o xurro pódese utilizar como fertilizante dunha maneira máis eficiente e rendible para o agricultor e máis respectuosa co medioambiente.

AGRIMOBI OLIVE-P, nova solución para previr a carencia de fósforo nas oliveiras

A partir do mes de abril o oliveiral entra na fase de floración, que é unha fase determinante para o cultivo, de moi curta duración, na que a demanda de fósforo da árbore aumenta considerablemente polo que é clave previr e corrixir esta carencia para favorecer tanto a floración como a súa fecundación para unha porcentaxe óptima de callado. Para mellorar a nutrición do oliveiral nesta fase, ICL desenvolveu unha fórmula especifica: AGRIMOBI OLIVE-P (11-40-11).

Lembremos que a nova gama de suspensións AGRIMOBI, está caracterizada polas súas moi altas concentracións de nutrientes, grazas ao seu exclusivo proceso de micromolienda e a adición de toda unha serie de axentes tensoactivos e colaboradores, ofrece formulados de alta estabilidade, que combinan as vantaxes dos fertilizantes foliares líquidos coas dos fertilizantes sólidos: alta concentración de nutrientes; fácil dosificación (é máis sinxelo dosificar por volume que por peso); mellor loxística na manipulación e almacenamento do produto; non se xera po; conta cun pH neutro, ideal para favorecer a absorción foliar; e unha alta capacidade de rehumectación.

Previr as carencias de Fósforo con AGRIMOBI OLIVE-P
Dentro desta gama desenvolveuse AGRIMOBI OLIVE-P (11-40-11), que é a solución ideal para previr e corrixir estados carenciais en oliveiral, especialmente de fósforo, na fase de floración. Estamos ante unha suspensión concentrada NPK con alto contido en fósforo, que se aplica mediante pulverización foliar e optimiza a absorción nas follas e a penetración na cutícula, até activar as células metabólicas que conseguen translocar os nutrientes até os órganos diana.

AGRIMOBI OLIVE-P debe aplicarse en todas as fases de floración, callado e maduración precoz do froito. O fósforo é un compoñente esencial que intervén na maioría dos procesos bioquímicos relacionados coa transferencia de enerxía na planta. Nestes procesos nos que intervén o fósforo, achégase a enerxía necesaria para un correcto desenvolvemento e densidade das flores e será determinante no seu polinización, frutificación e inicio do desenvolvemento do froito.

Grazas á súa formulación especial, AGRIMOBI OLIVE-P posúe unha gran capacidade de resolubilización coa humidade ambiental, conseguindo maximizar a taxa de absorción ao aumentar o tempo que estarán dispoñibles os nutrientes na superficie das follas.

Os beneficios desta tecnoloxía son claros e foron testados en campo, destacando os seguintes: formulación específica para as necesidades do oliveiral; axuda á actividade vexetativa, desenvolvemento, crecemento e produtividade do oliveiral; prevén e corrixe estados carenciales especialmente de fósforo; gran capacidade de resolubilización.

Debido a súa elevada concentración e pureza só requírense pequenas cantidades, recomendándose unha dose xeral de 300-450 ml/hl. Esta dose deberá ser axustada atendendo ás condicións específicas de cada parcela e en función do programa completo de abonado. Repetiranse as aplicacións en función do estado nutritivo da árbore e da colleita esperada. En calquera caso, o equipo técnico de ICL poderao asesorar para desenvolver un correcto plan de abonado do oliveiral e aplicar o Nitróxeno de forma correcta no momento máis adecuado para a árbore.

Por último, lembrar que a gama AGRIMOBI Olive conta con máis solucións adaptadas a diferentes fases críticas do cultivo, como AGRIMOBI OLIVE-K, deseñado especificamente para previr e corrixir estados carenciais, especialmente de potasio, na fase formación de óso, engorde e de maduración do froito; ou AGRIMOBI OLIVE Total, con alto contido en nitróxeno, fósforo, potasio e microelementos, especialmente recomendado entre a pre-floración e post-callado de froitos. Tamén o novo AGRIMOBI OLIVE-N, con alto contido en nitróxeno, deseñado para favorecer o crecemento vexetativo.
Más información nesta ligazón.

Variedades de millo forraxeiro RAGT: Altas producións e dixestibilidade e adaptadas ás condicións de Galicia

A multinacional RAGT acaba de presentar o seu catálogo de variedades de millo para silo 2024, no que destacan catro variedades adaptadas ás condicións climáticas de Galicia, pero tamén de Asturias e de Cantabria.

Son estas:

RGT ELARAXX: Ciclo medio-longo con dobre aptitude silo/gran

Trátase dunha variedade de ciclo medio-longo, cun tipo de gran dentado e cun gran equilibrio entre produción e dixestibilidade.

“Estamos ante unha variedade cun bo vigor de nascencia, que destaca tamén pola súa boa sanidade, con alta resistencia a Helminthosporium, e cunha dobre aptitude tanto para silo como para gran húmido ou pastone”, explica Beatriz Vázquez, delegada de RAGT para Galicia, Asturias e Cantabria.

En canto á morfoloxía, RGT ELARAXX é unha planta de porte medio-alto e cunha inserción media da mazaroca.

RGT MEXXPLEDE: Ciclo medio que se adapta a todos os solos

RGT MEXXPLEDE é unha variedade de ciclo medio, que destaca polo seu alto rendemento, así como por:

– Excelente stay-green
– Gran regularidade (planta e mazaroca)
– Potencial produtivo en situacións limitantes. Adaptación a todos os solos
– Boa regularidade de nascencia
– Resistencia do talo: Variedade cunha forte resistencia á caída, que asegura un bo desenvolvemento vexetativo.

RGT DRAGSTER: Ciclo medio-curto cun bo potencial produtivo mesmo en situacións de estrés hídrico

RGT DRAGSTER é unha variedade de ciclo medio-curto que destaca polo seu bo potencial produtivo, mesmo en situacións de estrés hídrico.

En concreto, as súas principais calidades son:

– Talo moi robusto e de gran resistencia
– Bo comportamento en altas densidades
– Excelente sanidade do talo
– Bo look silo
– Estable en rendemento
– Bo stay-greenSTRESSLESS H2O: xeneticamente eficiente en todas as condicións de estrés hídrico.

RGT MUXXEAL: Ciclo curto con moita produción en moi pouco tempo

RGT MUXXEAL é un ciclo curto recoñecido por lograr boas producións en pouco tempo, o que o fai idóneo para sementeiras tardías debido ás condicións meteorolóxicas, como apunta este ano, ou para lograr un segundo corte de herba.

As súas principais caraterísticas son:

– Excelente calidade de forraxe
– Variedade con alto contido en gran
– Moi boa fecundación
– Moi boa tolerancia a Helmintosporium
– Forraxe moi equilibrada
– Excelente stay-green
– Variedade cunha forte resistencia á caída, que asegura un bo desenvolvemento vexetativo
– Variedade cun óptimo vigor de partida que asegura unha perfecta
implantación do millo no terreo.

Para máis información:

Beatriz Vázquez, delegada de zona

bvazquez@ragt.es

Telf. 665720200

Syngenta os seus avances en innovación e agricultura dixital

Syngenta mostrou a máis de 150 agricultores do Centro e Norte de España o potencial da combinación tecnolóxica da xenética, química, bioloxía e agricultura dixital na semente de cultivos sostibles extensivos de cereal, millo e xirasol.

O responsable da unidade de sementes para cultivos extensivos en Syngenta España, Manuel Salvador Fernández destacou ao comezo da xornada: “en Syngenta coñecemos ben as demandas actuais dos agricultores. Nós cremos que xa non vale traer solucións illadas para resolver problemas illados. O camiño cara a uns cultivos máis rendibles e sostibles pasa pola innovación en tecnoloxías combinadas, de xenómica, biocontrol e bioestimulación e tamén unha protección vexetal cun mellor perfil.”

Técnicos expertos de Syngenta en tecnoloxías de mellora e protección vexetal presentaron aos participantes nesta xornada de transferencia tecnolóxica novas ferramentas para mellorar a produción, rendibilidade e sustentabilidade no manexo dos cultivos clave na zona.

A marca de vehículos Toyota e de tractores John Deere compartiron a xornada con Syngenta, mostrando as súas últimas innovacións incorporando estas tecnoloxías na súa maquinaria. Con estas máquinas os agricultores presentes puideron presenciar unha demostración de semente variable de xirasol en campo.

A agricultura dixital foi unha das protagonistas da xornada e nesta liña Syngenta presentou o seu programa de experimentación CROPEX® asociada a súa plataforma dixital de xestión de explotacións CROPWISE®.

CROPEX® é un programa experimental
que recolle e analiza datos de toda a rede europea de ensaios tecnolóxicos de Syngenta realizados coas súas principais xenéticas de sementes de cereal, millo, colza e xirasol de Syngenta en combinación con solucións biolóxicas de protección e estimulación e a aplicación de tecnoloxías dixitais da compañía. Desta maneira recóllense e procesan unha enorme cantidade de datos que se correlacionan para establecer finalmente cales son as combinacións varietais e tecnolóxicas máis exitosas para cada parcela e condicións de cultivo.

En palabras de David Millán, experto en cultivos extensivos en Syngenta: “A través da potente rede de ensaios CROPEX® desenvolvemos e estudamos os nosos híbridos, que en combinación con produtos innovadores representan unha solución específica para as necesidades individuais dos nosos agricultores. Enfocámonos na rendibilidade e a sustentabilidade, adaptándonos ás condicións ambientais cada vez máis extremas e a maiores presións de pragas e enfermidades”.

Esta xenética inclúe variedades de millo con tecnoloxía ArtesianTM, unha ferramenta para combater o estrés hídrico, como son SY Andromeda ou SY Carioca; ou a última xeración de xirasol, coa tecnoloxía A.I.R.TM, que foi a última en incorporarse ao catálogo de Syngenta, ofrecendo flexibilidade no control de malas herbas grazas á súa tolerancia ás materias activas pertencentes ás familias das imidazolinonas. Outra novidade foi ExpressTM que teñen os híbridos de xirasol sulfo, como Suzuka HTS, unha variedade líder entre as dúas Castillas, e Subeo HTS, un híbrido referente e de futuro no segmento alto oleico.

Entre os parámetros correlacionados en CROPEX® está a captación de nitróxeno, onde solucións biolóxicas como Nutribio N® poden achegar a eficiencia necesaria para o máximo rendemento do cultivo nesa captación. Esta combinación de xenética e bioestimulación viuse reforzada coa selección dunha estratexia de protección vexetal fronte ás principais malas herbas que afectan ao millo con solucións como Evolya® ou Elumis® ou en xirasol con Listego® ou Primextra®.

Unha das ferramentas esenciais para a centralización e xestión de todos estes datos para facilitar a toma de decisións á hora de xestionar os seus cultivos é a nova plataforma dixital de xestión CROPWISE®. En palabras de Fernando Plaza, responsable da área de Agricultura Dixital en Syngenta: “Cropwise integra numerosas ferramentas que permiten entre outras funcións a vixilancia a pé de campo e de forma rápida de pragas, malas herbas e enfermidades, xeolocalizando todos os datos. Incorpora ademais o seguimento por imaxe satelital, permitindo diferenciar zonas de produtividade e optimizar o uso dos insumos, e tamén unha ferramenta específica para axudar ao agricultor para seleccionar a mellor variedade de semente de forma personalizada e adaptada ás súas condicións de cultivo”.

Syngenta mostrou a integración das prácticas de agricultura rexenerativa e de conservación en toda a súa innovación, coa saúde do chan como principal piar. Desta forma os asistentes á xornada puideron coñecer a ferramenta dixital “Interra® Scan”. Un novo escáner que ofrece mapeo de chans en alta resolución de ata 27 capas de información, brindando á produtores información precisa sobre a saúde do chan das súas explotacións.

Acerca de Syngenta

Syngenta é unha empresa líder no sector agrícola que axuda a mellorar a seguridade alimentaria mundial, permitindo a millóns de agricultores a facer un mellor uso dos recursos dispoñibles. A través dunha investigación de primeiro nivel e solucións de cultivo innovadoras, os nosos 28.000 empregados en máis de 90 países traballan para transformar a forma de cultivar as plantas. Estamos comprometidos coa recuperación dos chans en degradación, a mellora da biodiversidade e a revitalización das comunidades rurais. www.syngenta.es

Gadis e Fundación Galicia Sustentable unen forzas para impulsar o rural

Promover a prosperidade e a sustentabilidade do medio rural é o obxectivo da unión entre Supermercados Gadis e a Fundación Galicia Sustentable. A fundación impulsa o Foro Rural Sustentable e a empresa 100% galega converteuse en socio protector desta iniciativa que dá voz a persoas, emprendedores e proxectos que están a transformar o rural.

A directora de Marketing e RSC de GADISA retail, Melisa Pagliaro Fernández, e o director da Fundación Galicia Sustentable, Marcos Pérez Gulín, ratificaron o acordo na sede central da compañía. Un vínculo co que Gadis quere fortalecer a súa aposta por xerar impacto positivo na contorna a través da tripla sustentabilidade: económica, social e ambiental, unha das súas sinais de identidade.

A empresa comparte os obxectivos e a misión desta iniciativa: poñer en valor os recursos propios de Galicia para desenvolver todo o seu potencial cara a unha sociedade sostible que, no caso desta comunidade, pasa por favorecer a mellora das condicións de vida no rural.

Gadis pon como exemplo o seu propio modelo de negocio, baseado na proximidade e en priorizar a produción sostible, que xera un ecosistema formado por máis de 1.000 provedores de orixe local, cos que mantén relacións a medio e longo prazo para favorecer o seu desenvolvemento. Unha filosofía empresarial que supón un estímulo para o tecido produtivo de Galicia e para afianzar poboación na contorna rural.

Foro Rural Sustentable 2024

O Foro Rural Sustentable é un evento da Fundación Galicia Sustentable, impulsado por Gadis e Corporación Hijos de Rivera para favorecer o encontro de ideas e propostas que proveñen directamente de iniciativas que están realizando unha contribución á sustentabilidade do rural.

A 2ª edición deste foro celebrarase o 19 e 20 de abril no Espazo Vilaseco (Chantada) e contará coa participación de expertos, profesionais, investigadores e empresarios que intercambiarán experiencias e debaterán sobre as ideas encamiñadas a alcanzar o obxectivo dunha Galicia rural máis próspera e sostible. Neste sentido, poñerán en valor a importancia do sector primario nesta comunidade. A fundación trasladará as súas propostas ás diferentes administracións e a outros axentes relevantes na sociedade para esixir os cambios regulatorios necesarios.

Gadis, comprometida coas persoas

A firma deste convenio forma parte do compromiso de Gadis coas persoas, que articula a través de iniciativas de diversa índole recollidas no seu programa de Responsabilidade Social Corporativa.

Fundación Galicia Sustentable

É unha organización privada, sen ánimo de lucro constituída en 2008 para transformar Galicia nunha sociedade sostible. As liñas de traballo son a agricultura rexenerativa, a inspiración para o cambio, a prosperidade endóxena, a restauración dos ecosistemas e a tecnoloxía para a sustentabilidade.

Presentadas as novas solucións de FMC Agricultural Solution en Sevilla

FMC Agricultural Solution presentou no 17 Symposium de Sanidade Vexetal, celebrado en Sevilla o pasado 13, 14 e 15 de marzo de 2024, as súas novas solucións insecticidas de última xeración, coa potencia de Cyazypyr®, ingrediente activo exclusivo desenvolvido pola compañía baixo a premisa de achegar solucións aos problemas dos nosos agricultores.

Os máis de 170 profesionais asistentes á presentación puideron coñecer a tecnoloxía de vangarda que incorpora Cyazypyr®, molécula que demostrou un amplo espectro de control e unha alta eficacia sobre diversas pragas que afectan aos principais cultivos no noso país. O seu rexistro e comercialización en formulacións específicas, como Exirel® Cebo e Verimark® 20SC, posiciónano como unha solución efectiva para cultivos como cítricos, oliveiral, hortícolas e froiteiros.

Segundo destacou José Antonio Rodríguez, estamos ante unha solución sostible que ademais responde as esixencias dos agricultores en canto a eficacia, seguridade e rendibilidade, permitindo dispoñer de solucións duradeiras no tempo.

Este novo ingrediente activo ten múltiples vantaxes: o seu dobre modo de acción; un amplo espectro no control de pragas; a súa persistencia no cultivo, o que permite reducir o número de aplicacións; a súa potencia insecticida, que reduce a cantidade de produto necesaria en cada aplicación; e o seu bo perfil coa fauna auxiliar.

Solucións de FMC a base de Cyazypyr®
Exirel® Cebo combate o crecemento de poboacións de dípteros altamente prolíficas como a mosca da froita en cítricos e a mosca da oliveira. Verimark® 20SC aplícase a través de rega por goteo, nos principais cultivos hortícolas de invernadoiro (tomate, pemento, berenxena, cucurbitáceas, xudía verde, leituga e amorodo) para eliminar pragas como mosca branca, pulgón, thrips, dípteros, lepidópteros e minadores. FMC está a traballar para obter en moi poucos anos o rexistro en aire libre.

Benevia® 10OD será a seguinte formulación en obter o rexistro. Trátase dun formulado para uso foliar en cultivos hortícolas de folla e froito, tanto ao aire libre como en invernadoiro. Este uso axudará a ampliar os momentos de aplicación, facilitando notablemente o traballo aos produtores.

Por último, Exirel® 10SE, actualmente en fase de rexistro, será un novo produto de aplicación foliar en cultivos de froiteiros, cítricos, oliveiral e viña, indicado para o control de diferentes pragas como lepidópteros, thrips, áfidos, minadores.
Más Información: www.fmcagro.es

Contribute ibN: O primeiro bioestimulante microbiano con rexistro europeo de Alltech Crop Science

Alltech Crop Science enorgullécese de anunciar a recente obtención do rexistro europeo para o seu innovador produto, Contribute® ibN, un bioestimulante microbiano para plantas. Este fito representa un paso significativo no compromiso continuo da compañía coa excelencia na investigación e o desenvolvemento de solucións sustentables para a agricultura, impulsando o seu propósito global de Traballar xuntos por un Planeta de Abundancia.  

Esta tecnoloxía de vangarda orixínase da fermentación en estado sólido de Azospirillum brasilense CECT 9381, unha cepa exclusiva patentada, que destaca polas súas capacidades para mellorar o crecemento dos cultivos, optimizar a eficiencia no uso do nitróxeno e promover a sustentabilidade ambiental ao reducir o uso de fertilizantes minerais. 

Contribute® ibN é unha solución valiosa para os agricultores que buscan elevar as súas prácticas agrícolas. Deseñado para promover o desenvolvemento das plantas, o engorde e mellorar a calidade da produción final, este bioestimulante foi rexistrado e demostrado ser efectivo en diversos cultivos, incluídos os hortícolas, leñosos e extensivos. 

Contribute® ibN conta cunha alta concentración que supera os requisitos legais por unha marxe considerable, o que ofrece unha eficiencia superior cunha menor dosificación. 

Pedro Navarro, general manager de Alltech Crop Science Europe destaca que “este rexistro proporciona unha excelente oportunidade para amosar os beneficios que nos pode achegar o uso de microorganismos na agricultura e como o seu adecuado uso e manexo axúdanos a mellorar a fertilidade dos chans, incrementado os rendementos produtivos e de calidade dunha forma sustentable”. 

O proceso de fermentación en estado sólido garante estabilidade, facilidade de conservación e unha vida útil de dous anos, diferenciándoo doutros produtos existentes no mercado, sobre todo dos de formulación líquida. 

Contribute ibN é o resultado das capacidades de investigación, desenvolvemento e rexistro ampliadas que chegaron coa integración de Ideagro en Alltech Crop Science a principios do ano pasado. Esta integración mellorou a tecnoloxía de fermentación de precisión pioneira que Alltech Crop Science opera, que implica o deseño e enxeñaría de microorganismos beneficiosos, como bacterias ou fungos, dentro dun proceso e condicións controlados para produtos agrícolas específicos. 

“A nosa tecnoloxía de fermentación de precisión representa un avance significativo na produción agrícola, ofrecendo métodos sustentables e eficientes que apoian de maneira efectiva a redución do impacto ambiental asociado coa agricultura tradicional”, comenta Pedro Palazón, CEO de Ideagro e director global de i+d de ACS. “Ademais de reducir o devandito impacto, tamén responde aos crecentes desafíos de seguridade alimentaria, mentres promove o desenvolvemento dun sistema alimentario máis eficiente en recursos e sustentable a longo prazo”. 

Alltech Crop Science dedícase a impulsar a sustentabilidade na agricultura, e o rexistro recentemente obtido eleva as súas solucións como unha alternativa biolóxica óptima para a produción ambientalmente responsable e sustentable. Isto marca un paso significativo cara á promoción de métodos de produción de cultivos máis naturais, aumentando a capacidade da empresa para proporcionar aos agricultores anos de investigación, innovación e coñecemento agronómico para minimizar o uso de insumos químicos e aproveitar os beneficios de tecnoloxías naturais avanzadas. 

Para coñecer máis sobre solucións e programas nutricionais á medida do seu negocio visita: https://www.alltech.com/es-es/agricultura  

Gandarías premiadas por Dekalb por lograr os mellores rendementos de millo en 2023

Dekalb, marca líder en sementes de millo e integrada na multinacional Bayer, celebrou este mércores en Toques (A Coruña) unha xornada de entrega dos premios da segunda edición do concurso Dekalb+Silo, que organiza para premiar ás gandarías de vacún de leite que lograron mellores rendementos na campaña 2023.

Uns 100 profesionais do sector, entre gandeiros e técnicos, déronse cita no restaurante Xaneiro na entrega de premios deste certame, do que Marcial Costoya, Territory Sales Manager de Bayer para a Cornixa Cantábrica, Galicia e León, salientou a súa elevada participación.

Listaxe de premiados

O concurso Dekalb+Silo ten como obxectivo dar máis valor a lograr un silo de millo de calidade. Estes son os premiados nas dúas categorías nas que se estruturou:

1) En colleita: Premios para as mellores calidades de mostras en verde medido en litros de leite por tonelada  de materia seca de millo forraxeiro logradas:

-Primeiro premio (1000 euros): Para a gandería de José Ignacio Leal. . Logrou 1893 litros de leite/tonelada de materia seca cun millo Dekalb DKC 4621, un ciclo 300 de altas produccións.

-Segundo premio (600 euros): Gandaría Novoa SC. Logrou 1862 litros de leite/tonelada de materia seca cun millo Dekalb DKC 5144

-Terceiro premio (400 euros): Gandaría Casa Castro. Logrou 1858 litros de leite/tonelada de materia seca cun millo Dekalb, coa variedade DKC 4621.

2) En silo:  Premios para as mellores producións medidas en litros de leite por hectárea. Para iso tomouse unha mostra do silo e cubicáronse os silos, expresando o resultado en litros de leite por hectárea logrados polo millo ensilado, premiando ás mellores producións segundo o ciclo de millo.

-Ciclo largo (1000 euros): Ganadería Pastora, que logrou 53525 litros de leite por hectárea cun DKC 5911, un ciclo 500.

-Ciclo medio (1000 euros): Gandaría Serabel SC, que logrou 43614 litros de leite por hectárea cun DKC 5110, un híbrido bisagra entre un ciclo 300 e un 400.

-Ciclo curto (1000 euros): Gandaría Fernández Sánchez, que logrou 43141 litros de leite por hectárea cun DKC 3575, unha variedade de ciclo 200.

Xornada técnica de formación

Ademais da entrega de premios, a xornada organizada por Dekalb tamén serviu para coñecer como xestiona o cultivo do millo Granja San José, en Huesca, a cargo de Salvador Castellanos, responsable de xestión de forraxes. Esta gandería, con 3776 vacas en muxido, sementou o ano pasado 973 hectáreas de millo forraxeiro.

A continuación, Anxo Valiño, responsable do departamento de desenvolvemento de mercado de Bayer para a Cornixa e Castela e León, presentou as últimas novidades do catálogo de millo de Dekalb para 2024. Seguidamente, Montserrat Vázquez, delegada comercial de Bayer para Galicia, explicou as claves para o manexo sustentable de produtos fitosanitarios, especialmente herbicidas, durante o cultivo de millo.

A xornada formativa concluíu cunha charla de Sergio Grille, gandeiro de Mazaricos, que nos últmos anos acometeu unha dixitalización completa dos traballos agrícolas na súa granxa.

Fotos das ganderías premiadas: 

 

Rumi-MASTER, penso complementario líquido para becerros lactantes con diarrea

Distribuidor en Galicia:
GLOBAL GENETICS
Teléfono: 619760916

Como evitar a perda de materia seca do teu silo?

Na xestión de ensilados hai que ter presente que non toda a forraxe ensilada chegará a converterse en alimento para as vacas. Isto é así dado que, desde o cultivo da forraxe até a súa colleita en fresco e o posterior almacenamento, tanto o valor do alimento como a cantidade física poden verse diminuídos até nun 25 %. O que deriva nun incremento dos custos de alimentación e prexuízos sobre o rendemento dos animais.

Aquí é onde entran en xogo os inoculantes, que presentan múltiples beneficios para maximizar a protección dos nutrientes e da materia seca dos ensilados. Este é o caso de Egalis, a nova gama de inoculantes de Alltech para ensilados de alta calidade. Así, con Egalis redúcense as perdas cuantitativas e cualitativas inherentes ao proceso de ensilado á vez que se obtén un perfil fermentativo que garante maximizar o consumo voluntario do rabaño. Adecuado para o seu uso en todas as forraxes, Egalis impulsa a fermentación de maneira eficiente e rápida a un pH final estable.

Se o silo non está tratado, a fermentación será levada a cabo polos microorganismos endémicos presentes na forraxe. Estes microorganismos son menos eficientes que os microorganismos contidos en Egalis para baixar o pH do medio rapidamente, polo que se xeran máis perdas no proceso e obtense un perfil fermentativo que pode penalizar o consumo voluntario. Con Egalis, disporase de máis ensilado para alimentar aos animais e de mellor calidade, o que supón menos preocupacións sobre o desperdicio de alimento. A través dunha maior palatabilidade e inxesta de materia seca, Egalis contribúe a unha produción de leite e carne máis rendibles.

Para conseguir os resultados desexados, é conveniente dosificar adecuadamente e repartir o produto de maneira uniforme por toda a masa de forraxe. As picadoras máis modernas levan de serie equipos de aplicación que axustan a dose de produto ao rendemento esperado.

Características clave das forraxes para obter un bo ensilado

A predisposición dunha forraxe a ser ensilaao coñécese como “ensilabilidade”. A ensilabilidade está en relación co contido en azucre (canto máis, mellor), a humidade (canta menos, mellor, sempre que non comprometa a súa compactación) e a capacidade tampón (mellor canta menos capacidade). Por tanto, aquelas forraxes moi húmidas, con pouco azucre e alto poder tampón (Ex., unha alfalfa sen orear), representarán o caso máis comprometido. Pola contra, un millo cultivado cun 30-33 % de materia seca terá a mellor predisposición: pouca humidade, moito azucre e baixo poder tampón.

É importante sinalar que é condición necesaria para obter un bo ensilado conseguir unha alta densidade e condicións de anaerobiose. Forraxes moi secas e/ou pouco picadas teñen unha maior dificultade para conseguir anaerobiose e haberá que pór máis empeño na compactación.

Máis información en www.alltech.com/es-es/egalis

Agrimobi OLIVE-N corrixe e prevén a falta de nitróxeno no oliveiral

A partir dos meses de febreiro e marzo, o oliveiral entra na fase de crecemento vexetativo onde a demanda de nitróxeno da árbore aumenta considerablemente e é clave previr e corrixir a súa carencia para arrincar a actividade vexetativa e obter un bo desenvolvemento, crecemento e produtividade. Para mellorar a nutrición do oliveiral nesta fase, ICL desenvolveu unha fórmula especifica, AGRIMOBI OLIVE-N (30-11-11).

A gama de suspensións AGRIMOBI, caracterizada polas súas moi altas concentracións de nutrientes, grazas ao seu exclusivo proceso de micromolienda e a adición de toda unha serie de axentes tensoactivos e adyuvantes, ofrece formulados de alta estabilidade, que combinan as vantaxes dos fertilizantes foliares líquidos coas dos fertilizantes sólidos: alta concentración de nutrientes; fácil dosaxe (é máis sinxelo dosificar por volume que por peso); mellor loxística na manipulación e almacenamento do produto; non se xera po; conta cun pH neutro, ideal para favorecer a absorción foliar; e unha alta capacidade de rehumectación.

Previr as carencias de Nitróxeno con AGRIMOBI OLIVE-N

Como dicimos, AGRIMOBI OLIVE-N (30-11-11) é a solución ideal para previr e corrixir estados carenciales en oliveiral, especialmente de nitróxeno, na fase de crecemento vexetativo. Estamos #ante unha suspensión concentrada NPK con alto contido en nitróxeno, que se aplica mediante pulverización foliar e optimiza a absorción nas follas e a penetración na cutícula, ata activar ás células metabólicas que conseguen translocar os nutrientes ata os órganos diana.

AGRIMOBI OLIVE-N debe aplicarse en todas as fases de crecemento, en especial desde a brotación ata o endurecemento do óso para aumentar a lonxitude e o número de brotes, así como o número de inflorescencias por brote o que se traducirá nun maior número de froitos callados por oliveira.
Grazas á súa formulación especial, AGRIMOBI OLIVE-N posúe unha gran capacidade de resolubilización coa humidade ambiental, conseguindo maximizar a taxa de absorción ao aumentar o tempo que estarán dispoñibles os nutrientes na superficie das follas.

Os beneficios desta tecnoloxía son claros e foron testados en campo, destacando os seguintes:

-Formulación específica para as necesidades do oliveiral.

-Axuda á actividade vexetativa, desenvolvemento, crecemento e produtividade do oliveiral.

-Prevén e corrixe estados carenciales especialmente de nitróxeno.

-Gran capacidade de resolubilización.

Debido a súa elevada concentración e pureza só requírense pequenas cantidades, recomendándose unha dose xeral de 300-450 ml/hl. Esta dose deberá ser axustada atendendo ás condicións específicas de cada parcela e en función do programa completo de abonado. Repetiranse as aplicacións en función do estado nutritivo da árbore e da colleita esperada. En calquera caso, o equipo técnico de ICL poderalle asesorar para desenvolver un correcto plan de abonado do oliveiral e aplicar o Nitróxeno de forma correcta no momento máis adecuado para a árbore.

Por último, lembrar que a gama AGRIMOBI Olive conta con máis solucións adaptadas a diferentes fases críticas do cultivo, como AGRIMOBI OLIVE-K, deseñado especificamente para previr e corrixir estados carenciales, especialmente de potasio, na fase formación de óso, engorde e de maduración do froito; ou AGRIMOBI OLIVE Total, con alto contido en nitróxeno, fósforo, potasio e microelementos, especialmente recomendado entre a pre-floración e post-callado de froitos. Tamén o novo AGRIMOBI OLIVE-P, con alto contido en fósforo, deseñado para favorecer a floración e o callado de froitos.

Ucoga abre un novo centro de atención ao cliente en Vigo

A corredoría de seguros UCOGA abre un novo punto de atención ao cliente en Vigo. Con esta nova incorporación, a corredoría de orixe galega pretende aumentar a súa presenza e visibilidade na cidade de Vigo.

As novas instalacións estarán na Rúa Aragón nº2, na zona peonil que marca o final da Rúa Urzáiz e a zona do Calvario. Sen dúbida, esta zona é unha das que máis crece en Vigo, está en pleno desenvolvemento e nos últimos anos converteuse nunha arteria principal de comercio da cidade.

Con esta apertura, UCOGA reafirma a súa política de puntos físicos de atención para reforzar a proximidade dos clientes, desde os que dá servizo a máis de 18.000 clientes. Liderando a nova oficina estarán Maika Conde e Ramiro Arrizado, profesionais cunha ampla formación e anos de experiencia no sector.

O acto de inauguración, que tivo lugar o pasado xoves 1 de febreiro, foi un éxito. Moitos veciños da zona interesáronse pola corredoría e agradeceron a apertura dun local para este servizo nunha zona tan transitada. Sen dúbida, unha situación privilexiada para dar servizo a unha das zonas máis poboadas e transitadas da Cidade Olívica.

Ucoga Asesores S.L

Ucoga é a correduría de seguros líder en Galicia. Especialistas en seguros para o sector agroalimentario e do transporte.

Ucoga nace en xaneiro de 2013 para consolidarse como un referente do sector asegurador en Galicia, froito da preocupación de diferentes Cooperativas agroalimentarias por cubrir as súas necesidades aseguradoras cun servizo de calidade, profesionalidade, personalizado e a prezos competitivos.

Actualmente conta con 6 puntos de atención ao cliente, e continúa o seu crecemento, seguindo o seu plan de expansión.

A asesoría Agronovo cumpre vinte anos apoiando ao sector agroecolóxico de Galicia

Agronovo Ecoloxía SL., a primeira asesoría especializada en produción ecolóxica de Galicia, celebrou o seu XX aniversario o pasado día 20 en Lugo, nun acto que serviu para a posta en valor e análise do pasado e futuro do sector da agricultura ecolóxica en Galicia.

Estiveron arroupados por de máis de cen produtores de diferentes sectores. Tamén acudiron á cita persoas doutras entidades coma o Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia, a Consellaría do Medio Rural, a Escola Politécnica Superior de Lugo, o Clúster de Alimentación Ecolóxica de Galicia, o Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo, Grupos de Desenvolvemento Rural e doutras empresas.

Agronovo analizou de forma resumida como viron evolucionar o sector agroalimentario e en especial o ecolóxico, nos últimos vinte anos, así como as potencialidades que segue a presentar, sen esquecer as carencias do sector, como a falta de relevo xeneracional.

Realizouse un debate sobre a produción ecolóxica actual e o seu futuro en contraste cos últimos 20 anos no que participaron representantes das industrias ecolóxicas Alibós Galicia e Casa Grande de Xanceda, así como o produtor José Manuel Fraga da explotación Parrugueiras de Xermade.

O acto finalizou cun coloquio sobre a visión da agricultura ecolóxica en Galicia para os vindeiros catro anos dos partidos políticos con representación no Parlamento, ao que foron convidados. Polo BNG asistiu Carlos Rodríguez Rodríguez, o enxeñeiro agrónomo e asesor na Área de Medio Rural e do Mar e Mocidade da Deputación de Lugo. Por parte do PP de Galicia, José Luis Cabarcos Corral, director do AGACAL, da Consellería do Medio Rural. O PSOE no participou por non ter ninguén dispoñible.

A xornada rematou por parte dos socios e traballadores da empresa a todos os clientes e entidades pola súa colaboración nos vinte anos da empresa e cunha degustación de produtos ecolóxicos. Agronovo apostou polo impulso do medio rural, apoiando as explotacións agrícolas e industria agroalimentaria xa nos seus inicios mediante o crecemento sostible e a agricultura ecolóxica. Este coñecemento do medio lle permitiu, entre outros traballos, elaborar o Plan Estratéxico da Produción Ecolóxica 2018-2022 da Consellería do Medio Rural.