Category Archives: Ofertas de traballo

Oferta de emprego de Foresin en traballo forestal

A empresa FORESIN está ampliando o seu equipo de traballo e actualmente busca incorporar máis persoal ao Departamento de Xestión Forestal, na parte de traballos forestais.

Que tarefas realizará?

As tarefas principais que deberá desenvolver, como parte do equipo, son:
✔ Execución de traballos de campo para a extracción de resina, tanto nas parcelas de investigación como nas de produción.
✔ Toma de datos en campo sobre produción de resina.
✔ Apoio en visitas de campo sobre compostaxe.

Que tipo de persoa buscan?

Para poder desenvolver estas tarefas buscan unha persoa:
✔ Á que lle guste o traballo de campo, especialmente en contornas forestais.
✔ Con capacidade de traballo en equipo, xa que traballarás en coordinación diaria con todo o equipo de FORESIN.
✔ Con ganas de aprender e evolucionar profesionalmente. A empresa sinala que o sector do aproveitamento resineiro resulta aínda descoñecido en Galicia, así que non é preciso que a persoa teña coñecementos específicos pero si ganas de aprender e formarse.
✔ Responsable, eficaz e resolutiva na execución do seu traballo.
✔ Con capacidade de comunicación e flexibilidade para adaptarse ás diferentes tarefas.

Que ofrecen?

Foresin é unha empresa en constante crecemento e desenvolvemento, polo que a persoa que se incorpore deberá gustarlle o que fai e querer ter percorrido na empresa.

Ofrece:
✔ Xornada completa.

✔ Moi bo ambiente de traballo, nun equipo de profesionais de diferentes perfís que acompañarán á persoa en todo o seu proceso formativo.

O lugar de traballo implicará desprazarse entre as provincias de Lugo e Coruña.Pódese enviar o curriculum a: informacion@foresin.es

Prácticas remuneradas en xerencia de cooperativas

A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias lanza unha nova edición do programa formativo de ‘Apoio á función xerencial en cooperativas agroalimentarias’. Comeza cun curso teórico logo do cal, participantes seleccionados comezarán unha estadía de 6 meses de prácticas nunha cooperativa agroalimentaria. O programa está aberto tanto a cooperativas que desexen profesionalizar a súa xerencia como a persoas con titulacións de grao medio ou superior, preferentemente en situación de desemprego, que desexen mellorar as súas habilidades xerenciais. Non ten custo para as entidades receptoras e o alumnado en prácticas recibirá unha axuda mensual de 775 euros, cantidade á que se descontarán impostos. O proceso de selección producirase entre xaneiro e febreiro de 2022. As persoas interesadas en tomar parte no programa formativo e as cooperativas interesadas en recibir alumnado en prácticas poden descargar a documentación necesaria en www.agaca.coop e informarse no teléfono 981 58 47 83. A iniciativa forma parte do proxecto ‘Formación’ para a consolidación das cooperativas agroalimentarias de Galicia, no marco do Programa Operativo de Inclusión Social e Economía Social. Conta coa cofinanciación do Fondo Social Europeo, mediante a convocatoria de subvencións dirixidas a entidades e empresas da economía social para o desenvolvemento de proxectos destinados á creación de empresas e entidades da economía social ou á mellora da competitividade e o apoio á consolidación empresarial das mesmas.

Búscanse mecánicos para importante empresa forestal

A empresa especializada en maquinaria forestal LogMax Iberia busca mecánicos especialistas en electrónica/hidráulica.

As persoas interesadas deben enviar o seu currículum a info@logmax.es ou chamar ao teléfono 618 297 944

Oferta de posto de traballo en gandería ovina en Ribadeo

Finca O Costal conta cun rabaño de 150 ovellas e xestiona 24 hectáreas de terreo Finca O Costal, unha explotación de gando ovino adicada á produción cárnica e ubicada en Ribadeo, precisa incorporar persoal para as tarefas da granxa. Os traballos a levar a cabo consisten no coidado do gando e o mantemento da finca. O horario laboral é de 8 horas diarias en xornada partida e cunha fin de semana ao mes de garda non presencial.  A explotación conta con outros dous empregados máis e xestiona 150 cabezas e 24 hectáreas de superficie, das que 10 están plantadas con árbores autóctonas.  Recuperación paisaxística en Rede Natura O Costal é un proxecto de recuperación paisaxística e produtiva iniciado no ano 2014 a carón da ría de Ribadeo por un empresario privado e que mantén acordos de colaboración co Centro de Formación e Experimentación Agroforestal Pedro Murias para a realización de prácticas por parte dos alumnos deste centro, dependente da Xunta. Desde a posta do proxecto no 2014 foi substituída a vexetación existente, sobre todo eucaliptos, por árbores autóctonas, coa plantación de máis de 5.000 pés, recuperando hábitats para aves neste entorno declarado zona ZEPA e Rede Natura 2000. No relativo á produción gandeira, a explotación forma parte de Ovica (Asociación de Criadores de Ovino e Caprino de Galicia). As persoas interesadas no posto de traballo ofertado poden poñerse en contacto con Jose Antonio no teléfono 660 252 841.

Ofrécese posto de traballo en explotación láctea de Mesía

Nave de produción de Gandería Carro SL, en Boado (Mesía) Gandería Carro SL, unha explotación familiar de produción de leite ubicada na parroquia de Boado, no concello de Mesía, precisa dun empregado para labores de apoio no día a día da granxa.  A persoa que opte ao posto de traballo deberá realizar tarefas de muxido en sala e atención dos animais, entre outras, alimentación do gando e limpeza das instalacións. A xornada laboral é partida en horario de mañá e tarde, coincidindo cos momentos de muxir. Non se ofrece vivenda, polo que o empregado ou empregada deberá dispor de carnet de conducir e vehículo propio para desprazarse até a explotación.  Zona de boxes de recría da explotación Esta gandería, con 300 cabezas de gando (150 delas en produción), conta ademais con outro empregado, co que se coordinarán os periodos de descanso, libranzas e vacacións.  As persoas interesadas en optar a este posto de traballo poden poñerse en contacto con José Manuel chamando ao número de teléfono 686980153

Oferta de traballo: Viveros Mañente busca mecánico de mantenimento

Viveros Mañente, con sede en Foz (Lugo), busca profesional con coñecementos de maquinaria agrícola, en especial sulfatadoras e carretillas elevadoras, e con coñecementos en fontanaría e electricidade. Con experiencia en xestión de almacén.

Persoas interesadas chamar ao 982 141 852 ou ao 639 667 520

Precísase persoal para traballar nunha explotación de leite en Friol

Sala de muxido da gandería Casa Gabino SC, ubicada na parroquia de Narla, en Friol A necesidade de man de obra nas explotacións de vacas de leite segue a ser unha constante por toda Galicia. Neste caso, Gandería Casa Gabino SC, no concello lucense de Friol, precisa unha persoa para traballar na granxa. O posto de traballo podería ser a media xornada ou a xornada completa en horario partido. As tarefas a realizar serían o muxido en sala, así como outros traballos da granxa, como facer as camas dos animais en produción ou estrar a recría. Valorarase experiencia no sector, aínda que non é imprescindible "habendo interese e gañas de aprender", indican desde esta gandería familiar ubicada na Portela, na parroquia de Narla. O empregado ou empregada debería ter carnet de conducir e vehículo propio para desprazarse até a granxa, aínda que en principio non sería necesario que soubera manexar maquinaria agrícola.   Casa Gabino ocupa o posto 17 por ICO no ranking estatal de Conafe Gandería Casa Gabino SC é unha explotación con relevo xeracional que está a realizar unha aposta clara nos últimos anos pola mellora xenética e o traballo coa recría, situándose neste momento entre as 20 mellores ganderías de España segundo o índice combinado de Conafe.  As persoas interesadas no posto de traballo poden contactar con Iván no teléfono 662265107.

Oferta de traballo: Tractor Import busca comercial de maquinaria agrícola para Galicia

Tractor Import, empresa comercializadora en Galicia das marcas Fendt, Massey Ferguson e Valtra, ofrece un posto de traballo de “Técnico comercial para venda e asesoramento de produtos e servizos vinculados á agricultura en Galicia”.

Requisitos indispensables:

-Coñecemento e experiencia en manexo de maquinaria agrícola.
– Coñecemento en novas tecnoloxías agrícolas (autoguiado, telemetría e agronomía) e dixitalización
– Manexo de ofimática
– Habilidades comunicativas (don de xentes)
– Carné de conducir

A empresa ofrece contrato indefinido e a negociar as condicións de salario.

Interesados enviar CV á dirección tractorimport@tractoimport.com

Búscase traballador para granxa de vacún de leite en Mesía

Unha granxa de vacún de leite do concello coruñés de Mesía busca persoa para realizar traballos na explotación. As tarefas a realizar son o muxido e a limpeza das camas. A xornada laboral será partida de 7:00 a 10:30 horas pola mañá e pola tarde de 18:00 a 20:30 horas. Terá un dia e medio de descanso á semana e 30 días naturais de vacacións, e salario segundo o convenio. “Se a persoa é válida pode ser un posto de traballo a longo prazo. Temos un bo ambiente de traballo e ofrecemos profesionalidade no horario e nas condicións de traballo e estabilidade laboral”, aseguran os propietarios da granxa. As persoas interesadas poden chamar ao teléfono 647 08 26 85

Gandería de leite de Ordes ofrece posto de traballo estable

A gandería Del Río Deus SC de Ordes ofrece posto de traballo estable e con incorporación inmediata para realizar labores de apoio no día a día desta explotación familiar de producción de leite. Trátase dunha gandería con instalacións modernas que dobrou hai 7 anos o número de animais e que está a muxir neste momento unhas 140 vacas. Os horarios de muxido teñen lugar ás 7 da mañá e ás 6 e media da tarde nunha sala de 14 puntos.  Á fronte desta explotación atópase José e o seu fillo Miguel, que buscan un empregado de reforzo. Valórase experiencia en posto semellante e que a persoa sexa responsable no traballo. Experiencia en manexo do gando O establo conta con limpeza automática e da alimentación encárgase unha CUMA da zona As tarefas a realizar consistirían fundamentalmente en muxir e acondicionar camas, así como outras necesidades puntuais que puideran xurdir dentro do que é o manexo do gando.  Non é necesario dispor de carnet de conducir, xa que non habería que traballar con maquinaria. A alimentación do gando na explotación realízase mediante o carro mesturador dunha CUMA da zona.  Día e medio de libranza á semana En canto ás condicións do posto, o horario de traballo sería en xornada partida e con día e medio de libranza á semana. Tanto os días de descanso como as vacacións a disfrutar serían flexibles en función da organización do traballo na granxa. A gandería está ubicada na parroquia de Lesta, a 6 quilómetros da capitalidade municipal, na estrada que vai de Ordes a Carballo.  As persoas interesadas no posto de traballo poden poñerse en contacto con José no teléfono 660 940 407

Gandería de Mazaricos precisa incorporar persoal

Explotación de vacún de leite da parroquia de Corzón, no concello de Mazaricos, busca persoal para apoio nas labores da gandería. Trátase dunha explotación leiteira familiar ubicada en Quintáns. Ofrécese contrato a xornada completa con incorporación inmediata. Os traballos a realizar inclúen muxir, así como outras tarefas de manexo e alimentación do gando. Problema recurrente en moitas granxas A falta de man de obra e as dificultades habituais para atopar persoal é un problema recurrente nas explotacións leiteiras galegas, que se ve agravado ademáis co inicio das campañas de ensilado da herba e sementeira do millo naquelas ganderías que realizan tamén o traballo agrario con medios propios.   No caso desta oferta de traballo o emprego é para todo o ano e aínda que buscan preferiblemente unha persoa con experiencia, están dispostos a incorporar a unha persoa allea ao sector, formándoa para o desempeño do posto de traballo, sempre que teña interese en aprender e gañas de traballar.  As persoas interesadas no posto de traballo poden poñerse en contacto con Emilio no teléfono 676237606.