O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este venres a resolución da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, dependente da Consellería do Medio Rural, pola que se aproban as bases reguladoras do procedemento de concorrencia competitiva para a selección de propostas de cara ao aproveitamento de parcelas incorporadas a cinco aldeas modelo: Francos de Proendos (Sober, Lugo), Covelo (Taboadela, Ourense), Carzoá (Cualedro, Ourense), O Seixo (A Gudiña, Ourense) e Mouteira-Parada (Cerdedo-Cotobade, Pontevedra). Así, os interesados en poñer a producir estas terras terán un prazo de 15 días naturais para facer chegar as súas solicitudes, contados a partir de mañá.
No caso da aldea modelo de Francos de Proendos, en Sober, establécese unha zonificación dos terreos para definir como actividades principais a explotación gandeira en extensivo, a horta e cultivos de ciclo curto. Como actividade secundaria establécese para unha das zonas definidas a plantación de árbores para obtención de froito. Neste caso, a figura da aldea modelo abrangue un perímetro de 12,87 hectáreas, distribuídas en 119 parcelas de 70 propietarios, en torno ao núcleo que se busca poñer en valor.
Na aldea de Covelo, en Taboadela, establécese como actividade principal o aproveitamento de gando en extensivo compatible co aproveitamento das masas de frondosas caducifolias, así como cultivos agrícolas complementarios para o gando. Como actividades secundaria, establécense cultivos leñosos: froiteiras ou castiñeiro para froito. Neste caso, a aldea modelo conta cun perímetro de 15,05 hectáreas, distribuídas en 223 parcelas de 109 propietarios.
No caso da aldea de Carzoá, en Cualedro, perfílase como actividade principal os cultivos de horta e de ciclo curto e explotación gandeira. Como actividades secundarias, os cultivos complementarios ao aproveitamento gandeiro e tamén cultivos leñosos como froiteiras, fundamentalmente castiñeiro para froito. Tamén se establece un ámbito de protección integral no ámbito da contorna do xacemento catalogado de A Citá, deste xeito facendo compatible o aproveitamento agrario sustentable e a protección do patrimonio cultural. Neste caso, a figura da aldea modelo abarca un perímetro de 53,68 hectáreas, distribuídas en 389 parcelas de 215 propietarios.
Pola súa banda, na aldea modelo do Seixo, na Gudiña, na zonificación establécese como actividade principal o aproveitamento de gando en extensivo compatible coas importantes masas de frondosas caducifolias existentes, cultivos complementarios ao gando e aproveitamento apícola. Como actividade secundaria, castiñeiro para froito empregando variedades micorrizadas para a obtención de cogomelos. Neste caso, a aldea modelo abrangue 30,6 hectáreas, distribuídas en 223 parcelas de 76 propietarios.
Por último, na aldea de Mouteira-Parada, en Cerdedo-Cotobade, apóstase, como actividades principais, por un sistema agroforestal, combinando prácticas de aproveitamento do monte con agricultura, así como por cultivos de ciclo curto. As actividades secundarias serían a xestión forestal activa, priorizando a protección das masas de frondosas, e os cultivos leñosos, tales como viñedo, oliveiras ou froiteiras. Neste caso, a figura abrangue unha superficie de 17,99 hectáreas, distribuídas en 427 parcelas de 109 propietarios.
Poderán presentar propostas de aproveitamento as persoas físicas, as Administracións públicas, as persoas xurídicas, as entidades sen personalidade xurídica e as persoas traballadoras autónomas. Para o exercicio da súa actividade, as persoas solicitantes deberán dispor das autorizacións, permisos e/ou licenzas administrativas preceptivas, estar inscritas nos rexistros públicos que sexan pertinentes e cumprir con calquera outro requisito esixido polas disposicións aplicables.
Canto ás propostas, deben axustarse á normativa sectorial que resulte de aplicación en cada caso e ás guías de ordenación produtiva aprobadas para cada aldea modelo. O prazo para que a Xunta dite resolución expresa e a notifique será de cinco meses, a contar desde a finalización do prazo de presentación de solicitudes.
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a resolución da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, dependente da Consellería do Medio Rural, pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións para proxectos de creación, mellora e ampliación de servizos básicos locais en aldeas modelos cun importe de algo máis de 2 millóns de euros, cofinanciados co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader).
Poderán ser beneficiarios destas axudas os concellos de Galicia que cumpran cunha serie de requisitos, como que se teña declarado no seu territorio unha aldea modelo ou que se teña iniciado o procedemento de aprobación para o desenvolvemento dun polígono agroforestal. Algunhas das actuacións subvencionables son a instalación, ampliación ou mellora de infraestruturas (alumeado, enerxía renovable) e equipamentos; a rehabilitación de espazos públicos e elementos patrimoniais; as obras de construcción ou rehabilitación de edificacións de servizo público; a mellora de servizos asistenciais e culturais, así como a dixitalización de núcleos rurais e a implantación de e-servizos mediante tecnoloxías da información e a comunicación.
O prazo para presentar as solicitudes é dun mes a partir de mañá, día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Ligazón á orde no Diario Oficial de Galicia:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230202/AnuncioO90-301222-0005_gl.html
“Coa aldea modelo temos as parcelas de preto das nosas casas limpas e cercadas, unha cuestión que evita que o lume chegue ás vivendas” (Marisol Martínez)“Máis alá das vivendas e das fincas que rodean a aldea, atópanse, nun círculo máis aberto, os terreos privados que xa non teñen uso e que foron os primeiros en quedar abandonados; sobre estes non temos actualmente capacidade de xestión. A partir de aí, xa sería o territorio da Comunidade de Montes de Parada dos Montes”, explica Marcos Ferreira, secretario da comunidade e veciño. O monte veciñal está conformado por 950 hectáreas de monte clasificado, que estaban en distintas situacións. “As 600 hectáreas que estaban conveniadas coa Xunta destináronse a aproveitamento madeireiro, polo que hai diferentes especies de piñeiro -pinaster, sylvestris e radiata- de distintas idades. O resto do monte está sobre todo a raso e outras zonas pequenas teñen frondosas, aínda que a maior parte das frondosas corresponden a propiedades privadas. Por iso, cando a Comunidade colleu a xestión directa do monte, o que se atopou foi unha superficie moi grande dedicada á madeira de piñeiro”, detalla Marcos Ferreira.
“Cando a Comunidade colleu a xestión directa do monte, o que se atopou foi unha superficie moi grande dedicada á madeira de piñeiro” (Marcos Ferreira)Tras a grande vaga de incendios deste verán, as 950 hectáreas dos veciños de Parada arderon por completo. “O proceso que se seguiu a partir disto foi chorar, logo cubicar a madeira queimada de diferentes formas -manualmente e con tecnoloxía lidar- e logo poxala. Unha vez se venda e se corte, toda a cantidade obtida destinarase a rexenerar o monte da Comunidade e a intentar xestionar aqueles terreos que están abandonados para darlles un uso, como por exemplo, para frutais”, amplía sobre o proxecto futuro comunal o secretario.
“Toda a cantidade obtida destinarase a rexenerar o monte da Comunidade e intentar xestionar aqueles terreos que están abandonados para darlles un uso, como por exemplo, para frutais” (Marcos Ferreira)O problema que se atopa a comunidade de montes é a falta de poboación. “No núcleo non hai xente, polo tanto, se queremos manter xestionado o territorio e pretendemos resolver o tema dos incendios é fundamental que haxa xente que teña gando para controlar o territorio que nos rodea. Hai que pensar nun proxecto integral”, comenta Ferreira. Por este motivo, Marisol Martínez critica a falta de apoios que ve para o rural, “xa que din que o apoian pero seguimos tendo estes problemas; a xente non quere vir para os pobos e a actividade gandeira é necesaria, pero neste caso, son a única gandeira que queda aquí en Parada, e para chegar a fin de mes só co gando é moi complicado porque estamos vendendo a perdas”, valora. ”De seguir así, o futuro pinta moi complicado”. https://www.campogalego.gal/non-publicar-antes-por-exemplo-habia-50-vecinos-con-2-ou-3-vacas-cada-un-agora-so-somos-dous/
A Consellería do Medio Rural estudará a posibilidade de desenvolver un proxecto de aldea modelo dentro do termo municipal do Porriño. Así o acordaron o titular deste departamento da Xunta, José González, e o alcalde da localidade pontevedresa, Alejandro Lorenzo, nunha xuntanza de traballo na que tamén participou, por videoconferencia, o director xeral de Defensa do Monte, Manuel Rodríguez.
Así, os servizos técnicos de Medio Rural avaliarán a idoneidade de diversas localizacións para a posta en marcha da iniciativa, que se enmarca na Lei de recuperación da terra agraria de Galicia, xunto a outras como os polígonos agroforestais ou as agrupacións de xestión conxunta. Todos estes instrumentos, tal e como lle trasladou o conselleiro ao rexedor municipal, teñen como principal obxectivo poñer en valor terras en desuso para poñelas a producir e xerar riqueza e emprego no rural, ao tempo que se fai unha prevención activa diante dos incendios forestais.
No caso concreto das aldeas modelo, o obxectivo é fomentar o aproveitamento agroforestal do perímetro do núcleo de poboación, co fin de xerar actividade nesa franxa e dese xeito contribuír á dinamización das terras e, simultaneamente, á anticipación aos incendios forestais.
Na reunión tamén se afondou na cooperación entre a Consellería e o Concello en materia de prevención de lumes, en particular no que atinxe aos labores de roza mecanizada para o control da biomasa. Ademais, a xuntanza serviulles aos responsables da Consellería do Medio Rural para coñecer de primeira man as necesidades e demandas dos veciños deste municipio pontevedrés relacionadas co agro.
Pódense remitir proxectos para avanzar na xestión intelixente de servizos, na valorización de produtos agroalimentarios, nas decisións para actividades agrarias ou nun sistema enerxético integralEn concreto, segundo lembrou a directora xeral, as iniciativas presentadas respondían aos retos de implementar servizos dixitais rurais, solucións tecnolóxicas para a bioeconomía, a sustentabilidade e economía circular da produción agraria e a mellora do núcleo rural das aldeas modelo con máis formación, innovación e cultura empresarial. Unha vez recibidas todas as iniciativas, a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural seleccionou as que mellor se adecuaban aos retos establecidos, xerando novos obxectivos máis específicos que agora cómpre desenvolver. De aí xorde a convocatoria desta segunda consulta pública, segundo apuntou Inés Santé, para establecer posibles casos de uso e, no seu caso, engadir novas funcionalidades que dean resposta ás finalidades recollidas na convocatoria, co gallo de crear unha rede de aldeas modelo na que se potencien os grandes valores das áreas rurais, proporcionando aos axentes locais as ferramentas necesarias para aproveitar o seu potencial e así contribuír a grandes retos como a seguridade alimentaria, a fixación de poboación ou a loita contra o cambio climático.
A Xunta xa ten aprobadas 19 aldeas modelo que suman máis de 600 hectáreas e 8.500 parcelas de máis de 2.190 veciñosAsí, a directora xeral animou á presentación de novas propostas, que poderán ser enviadas por calquera persoa física ou xurídica, con independencia de se remitiron ideas con anterioridade. En concreto, os retos que se marcan agora son desenvolver unha plataforma intelixente para a xestión de servizos no ámbito local e outra para a trazabilidade e a valorización de produtos agroalimentarios e subprodutos das aldeas modelo. Tamén se aposta por implementar un sistema de axuda á decisión para actividades agrarias nestas aldeas e por unha estratexia enerxética integral para todas estas figuras, entre outros aspectos.
A Xunta anima aos veciños do lugar da Porteliña, na parroquia de Rubiós do concello pontevedrés das Neves, a apostar pola implementación dunha aldea modelo ao abeiro da Lei de recuperación da terra agraria de Galicia. Así, o subdirector de Mobilidade de Terras, Alejandro Sánchez de Dios, mantivero un encontro con parte dos 359 propietarios que estarían implicados na aldea modelo solicitada polo consistorio, que abranguería un total de 35 hectáreas distribuídas nunhas 819 parcelas.
Na xuntanza, o subdirector lembrou que as aldeas modelo son un dos principais instrumentos contemplados na nova norma para recuperar, neste caso, contornas de núcleos de poboación. Así, xunto cos polígonos agroforestais ou as agrupacións de xestión conxunta, trátase dunha ferramenta concibida para crear nova actividade económica no rural, contribuíndo á xeración de riqueza e á fixación de poboación, ao tempo que se avanza na anticipación aos incendios forestais, ao exercer esta actividade de devasa natural fronte ao lume.
Tras o encontro informativo, agora procederase á recollida de sinaturas requirida para a posta en marcha desta aldea modelo da Porteliña, nas Neves. Ao tratarse dun instrumento voluntario, seguirá adiante se conta co apoio dun grupo de propietarios que posúan en conxunto, cando menos, o 70% do perímetro afectado. De aprobarse, seguidamente procederase á roza e limpeza da contorna da parroquia para proceder posteriormente á posta en marcha da actividade ou actividades económicas que se consideren máis axeitadas para a zona co obxectivo de recuperar e dinamizar o territorio.