Leite

Tejerina sostén que Galicia vaise levar o 75% das novas axudas por vaca

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 08/10/2015 8:32 p.m.

A ministra de Agricultura, Isabel García Tejerina, que asiste estes días en Vigo e comarca a actos do sector pesqueiro, sostén que as novas axudas previstas para compensar ós gandeiros polos baixos prezos do leite irán a parar de xeito principal a Galicia. “A discriminación é positiva cara Galicia”, mantén a titular de Agricultura, que calcula que a comunidade recibirá arredor do 75% dos 20 millóns previstos en subvencións, “a falta de coñecer o reparto definitivo”, matiza.

En declaracións ós medios de comunicación, Tejerina apuntou que o seu departamento ten o obxectivo de que ningunha explotación peche pola coxuntura actual de prezos e cualificou de “conto” e de “invención” as críticas de Unións Agrarias e doutras organizacións do sector por un suposto agravio comparativo nas axudas ás explotacións galegas en relación ás doutras zonas do Estado.

Esta semana, Unións Agrarias anunciara a presentación dun recurso contencioso administrativo ante a Audiencia Nacional por entender que os criterios de reparto establecidos no decreto das axudas non tiñan en conta as particularidades das granxas galegas.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada