Leite

Tejerina demanda de Europa medidas reguladoras do mercado

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 01/09/2015 10:04 a.m.

A ministra de Agricultura, Isabel García Tejerina, mantivo un encontro co comisario de Agricultura da UE, Phil Hogan, no marco das xuntanzas preparatorias do Consello de Ministros de Agricultura que se desenvolverá o 7 de setembro. Tejerina reclamou de Hogan propostas para regular o mercado lácteo europeo, aqueixado nos últimos meses por excedentes de produción e pola caída de prezos.

Ante as reticencias manifestas de Hogan a aumentar os prezos de intervención pública do leite, de xeito que a UE poida sacar maiores stocks do mercado, Tejerina asegurou tras o encontro que esperaba que o comisario presentase na reunión do luns “medidas equivalentes” que contribuísen a reequilibrar o mercado.

Anticipo da PAC
Na reunión, a ministra española solicitoulle tamén a Hogan que permita un aumento dos anticipos das axudas da PAC. A intención do Ministerio de Agricultura pasa por entregar un anticipo do 50% das axudas a partir do 16 de outubro, pero solicitou de Bruxelas que permita a entrega de cantidades maiores. Tejerina considera que esta medida, xunto coa moratoria das débedas, debe axudar a “manter vivas” as explotacións en tanto non remonta o prezo do leite. A titular de Agricultura tamén quixo poñer en valor a axuda de 300 euros que prevé para unha parte das explotacións lácteas.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Por último, en declaracións ós medios, Tejerina pediu a colaboración en España das industrias e da distribución para lograr que as explotacións lácteas volvan á rendibilidade. Na reunión de todo o sector prevista en Madrid para o día 10 verase a que compromisos están dispostas a chegar industrias e distribución.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada