Viña

Tejerina anuncia un “apartado específico” para autorizar a plantación de viñedos en denominacións de orixe

A ministra asegura que "haberá un apartado específico e especialmente coidadoso para as denominacións de orixe, para que non perdan o valor, a riqueza e a calidade".

Loading ad.
Ad could not be loaded.
José Luis Ramudo (Lugo) 22/04/2015 10:27 a.m.

A ministra de Agricultura, Alimentación e Medio,Isabel García Tejerina, recordou que a partir do ano que vén seguirán sendo necesarias as "autorizacións administrativas" para facer plantacións de viñedos, pero ademais haberá un "apartado específico e especialmente coidadoso para as denominacións de orixe".

García Tejerina fixo esas declaracións despois de manter "un encontro cos cinco presidentes das denominacións de orixe de viño en Galicia, para compartir as preocupacións e os proxectos de futuro,".

García Tejerina recordou que "este Goberno negociou, na reforma do ano 2013", a volta "a un sistema de control das plantacións" e unha "regulación do potencial vitivinícola, para que o sector do viño creza de xeito ordenado".

Loading ad.
Ad could not be loaded.

"Se non tivésemos sido capaces de reverter a reforma" que se levou a cabo no ano 2008, "hoxe o sector do viño estaríase a enfrontar a un escenario de liberalización total e, polo tanto", a "non poder regular axeitadamente a oferta e a demanda", precisou a ministra.

Nese sentido, a titular de Agricultura recordou que, xa no seu momento, se negociou "un tratamento especial para as denominacións de orixe".

De feito, "a partir do ano que vén, haberá autorizacións de plantacións" de viñedo, de modo que "se seguirán necesitando autorizacións administrativas para poder facer plantacións de viñedo, de tal maneira que o sector crecerá ordenado".

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Ademais, haberá un "apartado específico e especialmente coidadoso para as denominacións de orixe, para que non perdan o valor, a riqueza e a calidade".

"Ao final tamén é valor para os viticultores valor para as adegas e valor para a economía de Galicia", concluíu.

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada