Axenda

Taller práctico sobre uso da aplicación Rax de fertilización con xurros

10/11/2016 9:37 a.m.

O Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (Ciam) organiza un taller de prácticas sobre manexo da aplicación web Rax de recomendación de fertilización con xurros e utilización de métodos rápidos para a determinación de nutrientes en xurro de vacún de leite e solo.

O taller celebrarse o 23 de novembro, en horario de 9:30 a 15:00 e de 16:30 a 19:30 na sede do Ciam, en Abegondo (A Coruña). A actividade é gratuíta e está dirixida a todas as persoas interesadas no sector agrario.

As solicitudes, que se poden descargar neste enlace, deberán presentarse no Ciam antes das 14:00 horas do día 14 de novembro. Poden enviarse por Fax ao 881 881 800 ou envialas por mail a maria.isabel.garcia.pomar@xunta.es

Dado que o número de prazas é limitado a aceptación será por rigorosa orde de chegada da solicitude.

Esta actividade enmárcase dentro do Plan de Transferencia para o Apoio ás Actividades de Demostración e de Información ao Agro Galego 2016, cofinanciadas co 75% por fondos Feader.

Etiquetado
Ir a la portada