Viña

Taller práctico sobre enxerta na vide na Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 04/07/2023 12:00 p.m.

A Consellería do Medio Rural organiza un taller práctico sobre enxerta na vide. Terá lugar o vindeiro venres, 7 de xullo, nas instalacións da Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (EVEGA), na localidade ourensá de Leiro. Os interesados en participar nesta actividade teñen de prazo ata hoxe mércores, 5 de xullo, para anotarse e deberán preinscribirse a través deste enlace.

Esta acción formativa iniciarase ás 9 da mañá coa recepción de participantes e a presentación. A continuación comezarán as actividades, centradas na análise dos fundamentos fisiolóxicos e tipoloxías de enxertos en campo e os traballos previos e posteriores á enxerta. Logo farase unha sesión práctica de enxerta no propio predio experimental de EVEGA. Xa pola tarde haberá outra sesión práctica de enxerta en viñedos da adega Cume do Avia.

Con respecto aos obxectivos da xornada, o principal é facilitar aos alumnos unha serie de coñecementos, tanto teóricos como prácticos, sobre a realización de diferentes tipos de enxerta, o seu funcionamento e as vantaxes de lonxevidade e prevención de enfermidades da madeira. Asemade, permitirá aos participantes formarse para unha saída profesional dedicada ao cultivo do viñedo.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Esta actividade vai dirixida especialmente a agricultores, viticultores ou gandeiros activos con producións con orientación comercial, cotitulares ou colaboradores das explotacións, así como titulares e asalariados dunha explotación agraria, industria transformadora, asociación profesional, ou empresa de servizos agrarios. Tamén a persoas en idade laboral e a público en xeral.

Cómpre sinalar, neste sentido, que a enxerta da vide, ademais de facilitar a loita antifiloxérica, facilita a utilización de planta cun sistema radicular axeitado ás condicións do solo de cultivo e á presenza de nematodos, permitindo ademais mellorar a produción e a calidade da colleita.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada