Axenda

Taller práctico sobre “Defectos do viño. Novos procesos de detección e corrección”

27/10/2017 7:41 p.m.

A Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Evega) organiza, en colaboración coa Asociación Galega de Enólogos (AGE) e o Instituto Galego da calidade (INGACAL), un taller práctico sobre Defectos do viño. Novos procesos de detección e corrección.

Esta actividade celebrarase o vindeiro 2 de novembro na Estación Experimental de Viticultura e Enoloxía (Ribadumia – Pontevedra).

O prazo de inscrición remata o 31 de outubro. As prazas serán cubertas por estricta orde de chegada ata completar as 40 habilitadas.

Pódese descargar a folla de inscrición e o programa nesta ligazón. 

Velaquí o programa:

Etiquetado
Ir a la portada