Agricultura

Taller en Guísamo sobre xardinaría ecolóxica

Loading ad.
Ad could not be loaded.
24/05/2022 12:13 p.m.

A Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, ten previsto celebrar en Bergondo un taller temático sobre xardinaría ecolóxica. Programado no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Guísamo, está previsto do 30 de maio ao 2 de xuño, en horario de 16,00 e 20,00 horas.

Así, ao longo de 16 horas lectivas, daranse a coñecer as técnicas empregadas en xardinaría ecolóxica, os conceptos e métodos de control biolóxico das principais pragas e a normativa europea e española ao respecto. Nesa liña, cómpre sinalar que a formación consta dunha parte práctica na que os participantes poderán aplicar eles mesmos as técnicas propias da xardinaría ecolóxica e do control biolóxico.

Esta iniciativa está dirixida en xeral a calquera persoa vinculada profesionalmente cos sectores produtivos relacionados coa agricultura, gandaría, industria agroalimentaria e cadea forestal-madeira, así como a mozos e mozas do medio rural galego e a persoas con expectativas de incorporación ao sector.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Para inscribirse pódese descargar a solicitude nesta ligazón https://ovmediorural.xunta.gal/gl/consultas-publicas/accions-formativas e enviala cuberta ao enderezo electrónico cfea.guisamo@edu.xunta.gal. Para consultar calquera dúbida, pode chamarse ao teléfono 881 881 043.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada