A Xunta de Galicia organiza dentro da acción formativa “Cadeiras de Outono” o “Taller de marcaxe en aproveitamento de frondosas” e que está organizado polo Distrito Forestal IX Lugo-Sarria.
Este "Taller de marcaxe en aproveitamento de frondosas FC2023F127060" impartirase o xoves 19 de outubro na Sala Muralla da Xunta de Galicia en Lugo de 10h a 13h e na carballeira de Labio (Lugo) de 15h a 20h.
Esta acción formativa está incluída dentro do programa de outono "Cadeiras de Divulgación Forestal" organizado polo Distrito Forestal IX Lugo-Sarria, dentro do plan de formación agroforestal 2023 de AGACAL-Consellería do Medio Rural. Conta coa colaboración de UXAFORES e PROEPLA da USC.
Diríxese ás persoas vinculadas profesionalmente cos sectores produtivos relacionados coa agricultura, gandería, industria agroalimentaria e cadea forestal-madeira, ou con expectativa de incorporación, en especial mozos e mozas do medio rural galego.
O curso será desenvolvido por Froilán Sevilla (enxeñeiro de montes na Junta de Castilla y León, experto en aproveitamento de frondosas), Roque Rodríguez Soalleiro e César Pérez Cruzado (profesores da USC) e contará cos seguintes aspectos a desenvolver:
• Criterios silvícolas na madeira de calidade de frondosas.
• Claves para a selección e marcaxe de exemplares de frondosas.
• Presentación e práctica do marteloscopio de Labio (Lugo).
• Presentación dos resultados do primeiro aproveitamento madeireiro nesta carballeira (a través de XERA).
• Práctica de selección e marcaxe sobre o terreo.
As persoas interesadas poden preinscribirse no seguinte enderezo:
https://foagro.xunta.gal/foagro/inscripcion/publica/accionsFormativas
Máis información no teléfono 982 828 620, así coma no correo distrito.forestal9@xunta.gal ou en Twiter: @Dist_Forestal9