Axenda

Taller “Co-innovando no sector agrario e forestal en Europa”

23/10/2018 10:32 a.m.

A Fundación Empresa-Universidade Galega (FEUGA) en colaboración coa EIP- AGRI e organiza o próximo 16 de novembro en Santiago de Compostela o taller “Co-innovando no sector agrario e forestal en Europa”.

Esta actividade permitirá coñecer o funcionamento dos grupos operativos de innovación e as súas vantaxes para empresas ou actividades no sector agrario, gandeiro ou forestal. Ademais, permitirá coñecer de primeira man, con visitas a granxas e adegas, as prácticas innovadoras postas en marcha por grupos operativos de Galicia e doutras rexións de España e Europa. Outra vantaxe é que o taller ofrecerá a oportunidade de poñerse en contacto con potenciais socios para proxectos.

O taller está dirixido a produtores, gandeiros, enxeñeiros forestais, propietarios de montes, viticultores, investigadores, centros tecnolóxicos, asociacións, asesores técnicos e calquera outra persoa interesada en coñecer como innovar en colaboración no sector agrario e forestal.

Celebrarase na sede Sede Feuga. Rúa Lope Gómez de Marzoa s/n Campus Vida, Santiago de Compostela, en horario de mañá e tarde.

Para rexistrarche no evento, envía o boletín de inscrición dispoñible na web á dirección innovacion@feuga.es antes do 14 de novembro. Asistencia gratuíta previa inscrición. O aforamento é limitado polo que as inscricións formalizaranse por rigorosa orde de recepción. Indica por favor se partciparás na comida de networking e que grupo operativo che interesa visitar.

Consulta o programa

Descarga o boletín de inscrición.

Etiquetado
Ir a la portada