Leite

Supeco vende leite de Lence a 28 céntimos en Vilagarcía

Unións Agrarias iniciou os trámites para denunciar esta promoción ante a Xunta e ante a Agencia de Inspección y Calidad Agroalimentaria (AICA)

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 18/09/2015 3:27 p.m.

A banalización do leite no supermercado, con ofertas moi por baixo dos custos de produción, prosegue en plena crise gandeira. As tendas Supeco, unha cadea ‘low cost’ de Carrefour, están a ofrecer hoxe en Vilagarcía o litro de leite a 28 céntimos, un caso que Unións Agrarias califica de “vergoñento”. A organización iniciou os trámites para denunciar esta promoción ante a Xunta e ante a Agencia de Inspección y Calidad Agroalimentaria (AICA).

Desde Unións Agrarias, advirten de que as promocións a baixos prezos teñen un impacto “devastador” na cadea de valor do leite e “atentan” contra a “dignidade” da gandaría galega. O sindicato agrario insta á Administración a tomar cartas no asunto.

O leite comercializado a 28 céntimos está envasado por Leche Río, a empresa do polémico Jesús Lence, baixo a marca 'Leche Rosina'. Unións cuestiona que na promoción non se advirta ademais que o leite comercializado está próximo a súa data de consumo preferente. Tamén critican que no ticket de compra se camufle a promoción de leite describíndoa como “oferta refrigerado”.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Suba de Lidl
Doutro lado, a noticia positiva do día chegou da man de Lidl, que anunciou unha suba dun 5% nos pagos as súas industrias lácteas proveedoras, co compromiso de que eses cartos cheguen ós gandeiros.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada