Carne

Subida dos prezos en Ternera Gallega e na recría de cruces e Rubia Galega en Amio

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 09/11/2022 7:56 p.m.

A Mesa de Prezos de Ternera Gallega acordou esta semana unha subida de 2 céntimos en todas as categorías e calidades da carne. En canto ao mercado de Amio desta semana, rexistrouse unha subida xeral dos prezos da recría de Rubia Galega. Tamén subiron 10 euros os prezos da recría de cruces industriais de cor. Na sondaxe realizada entre os asistentes ao mercado destácase ademais que se apreciou unha gran lentitude nas operacións do gando de vacún maior e na recría frisoa.

En canto á asistencia de gando, houbo 1.972 reses, 661 máis que a pasada semana. Por categorías houbo 1.689 cabezas de vacún menor (612 máis), 114 de vacún mediano (10 máis) e 169 de vacún maior (39 máis).

Máis información
–Táboa de cotizacións de Amio (9-XI-2022).

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada