Carne

Subida dos becerros de recría de Frisoa en Silleda

Nas mesas de prezos dos ovos houbo unha baixada mentres que na de porcino acordouse manter os prezos. Cotizacións da Central Agropecuaria de Galicia do 19 de abril

Loading ad.
Ad could not be loaded.
19/04/2016 8:13 p.m.

As cotizacións deste martes da Central Agropecuaria de Galicia caracterizáronse pola subida dos tenreiros de recría, sobre todo os de Frisoa. O vacún maior tamén experimentou unha lixeira baixada de prezos na categoría segunda, a máis numerosa.

Deste xeito, nos tenreiros de Frisoa, os machos de menos de 20 días pagáronse a unha media de 96 euros, o mesmo que o pasado martes. Con todo, a cifra representativa é a dos de 21 a 50 días, a categoría máis numerosa, onde a media foi de 123 euros por xato, fronte aos 107 da semana pasada. Nos tenreiros de máis de 51 días houbo tamén unha lixeira subida de prezos: 150 euros de media por animal fronte aos 142 do pasado martes.

Nos becerros de recría de Cruzamento industrial a tendencia foi tamén á alza. Nos tenreiros de menos de 20 días os prezos medios foron de 370 euros de media por animal fronte aos 192 da pasada semana. Pola contra, na categoría máis numerosa e representativa, a de 21 a 50 días, o prezo medio dos machos foi de319 euros, fronte aos 333 do pasado martes. E nos xatos de máis de 51 días houbo unha lixeira subida das cotizacións: 452 euros fronte aos 448 da anterior sesión.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

No vacún maior a tendencia xeral foi a unha lixeira baixada. Deste xeito, quedaron en 1.073 euros de media en categoría primeira, 715 en segunda -a máis numerosa- e 430 na de desvelle. A pasada semana as cotizacións foron de 1.072, 721 e 425 euros, respectivamente.

As cotizacións quedaron da seguinte maneira:

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Ovos á baixa

Polo que respecta ás mesas de prezos, nos ovos acordouse unha lixeira baixa nas cotizacións, excepto na categoría XL que quedou en 1,17 euros a ducia. Pola contra, as demais categorías baixaron un 0,03%: a L ata os 1,06 euros por ducia; a M quedou en 1,02 euros e o prezo para a S tamén baixou un 0,03% ata situarse nos 0,90 euros.

Nos coellos, non houbo cotización. En Madrid, onde se marcan os prezos para Galicia, os prezos mantivéronse nos 1,50 €/quilo.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Sen cambios en porco cebado e nos leitóns

En canto ao porco cebado, a mesa de prezos acordou manter os prezos para as categorías Selecta e Normal, que quedaron nos 0,955 e 0,930 euros por quilo, respectivamente. A Canle II tamén se mantivo nos 1,208 euros por quilo.

En Alemaña, o referente europeo para os prezos do porcino, esta semana os prezos mantivéronse estables nos 1,28 euros o quilo.

En canto aos leitóns acordouse manter os prezos. Deste xeito quedaron nos 31 euros os procedentes de varias explotacións e nos 36 euros os procedentes dunha única explotación.

Os prezos do porcino quedaron da seguinte maneira:

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada