Leite

Suben en marzo o prezo dos produtos lácteos na UE pero os costes de alimentación dispáranse un 16%

Loading ad.
Ad could not be loaded.
17/03/2022 1:04 p.m.

Segue a evolución positiva dos mercados lácteos na Unión Europea cunha importante suba na segunda semana deste mes de marzo.

En concreto, e segundo os datos que ven de publicar o Observatorio do Sector Lácteo da Unión Europea os prezos da manteiga na UE medraron na segunda semana de marzo un 3,1%, respecto á media das catro semanas previas, ata os 6,14 euros o kilo; o leite en pó desnatado (SMP polas súas siglas en inglés) tamén se revalorizou un 4 % ata os 3,79 euros o kilo, unha suba que foi maior no caso do leite en pó enteiro (un 4,2% máis), que quedou nos 4,77 euros o quilo. Polo que respecta ao queixo chedar, o prezo tamén subiu na segunda semana deste mes ata os 3,69  euros o quilo, cunha suba do 1,2 %. 

Forte suba dos costes

A crise de Ucraína, que agrabou a suba dos fertilizantes, gasóleo e pensos, tamén está disparar os costes de produción nas granxas.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Así, segundo os datos da Comisión Europea, na segunda semana de marzo os costes da enerxía subiron un 25,2% e os de alimentación un 16,1%, en relación á media das catro semanas anteriores.

Descarga aquí o informe completo  https://ec.europa.eu/info/sites/default/files/food-farming-fisheries/farming/documents/dashboard-dairy_en.pdf

Poxa de Fonterrra

Fóra de Europa, as últimas cotizacións do Global Dairy Trade (GDT), a principal subasta internacional de lácteos, operada pola neozelandesa Fonterra, frearon a forte suba das últimas semanas. Así, houbo unha baixada do 0,4% nas cotizacións da manteiga e do 2,1% no leite entiro en pó, mentres que o leite en po desnatado subiu un 1,6% e o queixo cheddar un 0,3%.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada