Carne

Subas nos leitóns nas mesas de prezos do porcino de Silleda

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 23/12/2020 10:24 a.m.

As mesas de porcino da Central Agropecuaria de Galicia –Abanca acordaron este martes manter sen cambios os prezos do porco cebado, mentres que nos leitóns se apreciaron novas subas. Nesta sesión, as mesas de porcino e o mercado do ovo centraron a actividade da Central, logo de que as poxas de gando vacún se celebraran xa na xornada do luns, debido a un adianto motivado polas festividades do Nadal.

En concreto, os prezos para o porco cebado quedaron do seguinte xeito: Os animais selectos cotízanse a 1,125 euros o quilo, mentres que o normal está a 1,1 euros o quilo. Nos exemplares de Canal II o prezo sitúase en 1,429 euros e os de desvelle están entre os 0,44 e os 0,5 euros euros o quilo.

Nos leitóns, a mesa acordou un incremento de 4 euros, de modo que os animais procedentes dunha única gandería acadan os 49 euros, cun prezo de 2,45 euros por quilo. Os bacoriños chegados de distintas granxas sitúanse nun prezo de 2,2 euros o quilo e o animal de 20 quilos ten un valor de 44 euros.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Tampouco houbo cambios no mercado do ovo esta semana. Os ovos da clase XL cotízanse a 1,50 euros a ducia, os da L están a 1,10 euros, os da M sitúanse en 0,96 euros e os da clase S quedan nos 0,78 euros. As galiñas de desvelle semipesadas, de entre os 2,1 e 2,2 quilos, atópanse entre os 0,08 e os 0,15 euros por quilo.

 

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada