Carne

Subas no vacún mediano en Amio

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 11/08/2021 11:39 p.m.

O Mercado do Gando de Amio, en Santiago, rexistrou este mércores novas subas no vacún mediano. En concreto, as canais deste tipo de gando conseguiron un incremento de 5 céntimos. Mentres, as canais de vacún maior da clasificación P experimentaron unha baixada de 5 céntimos.

Estas foron as únicas variacións dos prezos na xornada. Así, tanto no cebo como a mesa de Prezos da Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Ternera Gallega mantiveron os prezos da sesión anterior para tódalas categorías e calidades.

En canto á asistencia, o mercado contou con 1.553 reses, o que supón un total de 385 animais menos que a pasada semana. Houbo 1.205 cabezas de vacún menor, 356 menos que a feira anterior, 189 de vacún mediano (8 máis) e 159 de vacún grande (37 reses menos).

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Máis información
– Táboa de cotizacións de Amio (11-VIII-2021).

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada