Carne

Subas no vacún mediano e maior no Mercado de Amio

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 25/08/2022 9:09 a.m.

A sondaxe realizada entre os usuarios do Mercado de gando de Amio, celebrado este mércores, amosa subas nos prezos do vacún mediano e maior. Así, houbo subas tanto no vacún mediano de pesos de entre 221 e 250 quilos, coma no vacún maior de clasificación O.

A Mesa de cotizacións da Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Ternera Gallega acordou manter sen cambios os prezos para todas as categorías e calidades desta carne.

Na xornada deste mércores contabilizáronse 2.661 reses, é dicir 2.429 máis que a semana anterior. O mercado recupera así a súa afluencia de gando habitual despois de que o mércores pasado case non houbese animais debido a que os días previos foran festivo na cidade.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

En concreto, houbo 2.351 cabezas de vacún menor, 2.347 máis que na sesión anterior. Rexistráronse 140 de vacún mediano (37 máis) e 170 de vacún grande (45 máis).

Máis información
–Táboa de cotizacións de Amio (24-VIII-2022).

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada