Carne

Subas no vacún maior en Amio, que sae con axilidade

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 18/03/2021 9:28 a.m.

A Mesa de Prezos de Gando de Abasto que se reúne cada semana en Amio, coincidindo co mercado, acordou subir 10 céntimos os prezos de todas as canais de vacún maior, pois percibiuse que este gando saíu con axilidade do recinto feiral. En canto a gando de recría e mediano para sacrificio, mantense sen cambios. Tamén repiten prezos todas as categorías e calidades de Ternera Gallega.

A asistencia de gando ó mercado desta semana foi de 1.773 reses, 88 menos que na pasada sesión. Houbo 1.423 cabezas de vacún menor (116 menos), 162 de vacún mediano (8 máis) e 188 de vacún grande (20 máis).

Máis información
- Táboa de prezos de Amio (17-III-2021).

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada