Carne

Subas no prezo medio dos becerros de cebo en Silleda

A Central Agropecuaria de Galicia rexistra un incremento do valor dos tenreiros carniceiros. Na recría Frisoa a tendencia é á baixa. Continúa a caída dos prezos do porco cebado e prodúcense subas no mercado do ovo

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 24/10/2023 11:31 p.m.

A Central Agropecuaria de Galicia Abanca, celebrada en Silleda (Pontevedra), experimenta esta semana unha suba dos prezos medios de referencia dos becerros de cebo, con incrementos en tódalas categorías. Na recría a tendencia foi á baixa, en especial nos machos de raza Frisoa. No vacún maior non houbo unha tendencia clara esta semana.

Nas mesas de porcino volveu producirse unha baixada nos prezos dos porcos cebados e os leitóns experimentaron unha nova suba esta semana. O mercado do ovo tamén rexistra un incremento do valor nalgunhas categorías.

Prezos do vacún

Facemos agora un repaso detallado polas distintas seccións do gando vacún para coñecer a evolución dos prezos. É preciso ter en conta que se trata de prezos medios e que o valor dos exemplares estará condicionado tamén por outros factores.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Cómpre recordar ademais, que a vindeira semana, o martes 31 de outubro, suspéndese a poxa de recría e só se venderán becerros cebados e vacún maior.

En canto ós prezos desta senama, na recría frisoa, os becerros máis novos cotizáronse a un prezo medio de 46 euros, é dicir, 35 euros menos que na última feira. Nos tenreiros de entre 20 e 50 días, o valor de referencia situouse nos 94 euros, o que supón 23 euros menos. Os becerros de máis de 50 días foron a excepción nesta raza ó experimentar unha suba de 47 euros e acadar os 200 euros.

Nos tenreiros de recría de cruces industriais, os machos máis novos descontaron 76 euros no prezo medio con respecto da semana pasada e sitúanse en 274 euros. Mentres, nas femias houbo unha suba de 39 euros e cotízanse a 236 euros. No caso dos becerros de entre 20 e 50 días, rexistrouse un incremento de 10 euros e teñen un prezo medio de 367 euros. As femias acadaron os 251 euros, logo de sumar 7 euros. Os machos de máis de 50 días tiveron un valor de referencia de 489 euros, (+29 euros). As femias sitúanse nos 353 euros, ó descontar 41 euros.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Nos becerros de cebo houbo subas en case tódalas seccións. Os machos frisóns tiveron un prezo medio de 971 euros (424 euros). Nos becerros de cruces industriais, o valor medio foi de 1.093 euros nos machos (+45). As femias tiveron unha suba de 200 euros no prezo de referencia con respecto da semana pasada e acadan os 1.161 euros. Os machos de Rubia Galega cotizáronse de media a 1.256 euros, ó rexistrar tamén unha suba, neste caso de 22 euros. As femias desta raza están nos 1.424 euros, ó sumar 401 euros. Pola súa banda, os animais comercializados baixo o selo de Ternera Galega Suprema tiveron un incremento de 108 euros e quedan cun prezo medio de 1.230 euros.

Esta semana o vacún maior non houbo unha tendencia clara. As vacas descarte tiveron un incremento de 28 euros e acadan un valor medio de referencia de 445 euros, así como os animais de primeira, que sumaron 10 euros para acadar un prezo de 1.160 euros. Os exemplares comercializados baixo o selo Vaca e Boi de Galicia tiveron un valor de referencia de 2.404 euros, o que supón 70 euros máis que a feira pasada. Mentres, as vacas da categoría extra descontaron 180 euros e quedan nos 1.990 euros. Os exemplares de segunda cotizáronse a 712 euros, logo dunha baixada de 13 euros. 

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Baixadas no porco cebado

As mesas de cotizacións do porcino experimentaron esta semana novas baixadas nos prezos do porco cebado. Os animais das categorías selecta e normal descontaron 0,04 euros e quedan nos 1,74 e 1,715 euros o quilo, respectivamente. Os porcos de Canal II están a 2,227 euros, tras unha baixada de 0,052 euros. Os animais de descarte descontaron 0,06 euros e cotízanse entre 0,87 e 0,93 euros o quilo.

Os leitóns experimentaron unha suba dun euro para ambas categorías. Así, os exemplares chegados dunha única granxa están agora nos 73 euros (cun prezo de 3,65 euros o quilo) e os animais procedentes de varias ganderías cotízanse a 68 euros e cun prezo por quilo de 3,4 euros.

O mercado do ovo experimentou subas nalgunhas das categorías. Así, os ovos da S e a M tiveron un incremento de 0,04 euros, o que deixa un prezo de 1,66 e 1,96 euros a ducia, respectivamente. Mentres, no resto de categorías non houbo cambios, así como nas galiñas de descarte semipesadas.

O prezo do coello está nos 2,65 euros o quilo, segundo a Mesa de Prezos Nacional do Coello (Loncun).

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada