Carne

Subas no gando de recría e estabilidade no de abasto

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 22/10/2015 11:56 a.m.

A Mesa de Prezos de Abasto, en Amio, acordou por unanimidade unha suba no gando de recría menor de 2 meses en rubia galega e nos cruces. Prodúcense aumentos de entre 10 e 25 euros por quilo en todas as calidades. O gando de recría frisón continúa, en troques, sen cambios. Tampouco houbo variación no gando de abasto, se ben os vogais da Mesa coincidiron en apreciar unha tendencia á baixa de becerros e becerras, así como perspectivas á alza no vacún maior de clasificación O4.

En Ternera Gallega, logo de tres semanas de subas consecutivas, a Mesa de Prezos da IXP decidiu manter os prezos de todas as categorías e calidades igual que na sesión anterior.

A asistencia de gando esta semana ó mercado de Amio, en Santiago, foi de 2.062 reses, con 1.516 cabezas de vacún menor, 302 de vacún mediano e 218 de vacún grande.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Táboa completa das cotizacións en Amio (21-10-2015)

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada