Carne

Subas na recría frisoa no Mercado de Amio

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 13/07/2022 5:01 p.m.

Os becerros de recría de raza frisoa experimentaron esta mañá unha suba de 5 euros no Mercado de gando de Amio (Santiago) con respecto dos prezos manexados hai unha semana, segundo apuntaron as persoas asistentes á feira. Ademais, actualizáronse os prezos do vacún mediano de matadeiro, por un axuste técnico.

Pola súa banda, a Mesa de prezos da Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Ternera Gallega acordou manter sen cambios nas cotizacións tódalas categorías e calidades deste selo.

Nesta sesión contabilizáronse 1.611 reses, o que supón 88 animais menos que a semana pasada. Houbo 1.334 cabezas de vacún menor (91 menos que na feira anterior), 139 de vacún mediano (12 máis) e 138 exemplares de vacún grande (9 animais menos).

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Máis información
–Táboa de cotizacións de Amio (13-VII-2022).

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada