Carne

Subas na recría e no vacún mediano no Mercado de Amio

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 15/06/2023 7:10 a.m.

O Mercado de gando de Amio rexistrou este mércores subas dos prezos da recría e o vacún mediano. En concreto, no caso dos becerros de recría de cruces industriais a suba foi de 5 euros, mentres que nas canais de vacún mediano de matadoiro houbo un incremento de 0,05 euros.

Pola súa banda, a mesa de Cotizacións de Ternera Gallega acordou manter os prezos da sesión anterior para tódalas calidades e categorías.

En canto á asistencia houbo 1.575 reses, o que supón 30 menos que a sesión da semana pasada. Na feira de hoxe contabilizáronse 1.328 cabezas de vacún menor, 49 máis. Houbo 86 de vacún mediano (40 menos) e 161 de vacún grande (39 menos que a semana pasada).

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Máis información
–Táboa de cotizacións de Amio (14-VI-2023).

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada