Carne

Subas na recría e baixadas en vacuno maior e becerros carniceiros en Silleda

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 27/09/2023 12:06 p.m.

A Lonxa de Silleda saldouse esta semana con baixadas no vacún maior e nos becerros carniceiros, en tanto a recría experimentou subas, sobre todo nas categorías máis concurridas.

Na recría frisona, os machos de entre 21 e 50 días cotizaron a 82,54 euros (+11 euros en comparación coa semana anterior), en tanto os machos de cruces de 21 a 50 días valoráronse de media en 333,76 euros (+12 euros). Na mesma categoría, as femias situáronse en 228 euros (+19 euros).

En vacuno maior, a categoría extra situouse en 2.109 euros (-117 euros), en tanto a primeira quedou en 1.128 euros (-5 euros en comparación coa anterior sesión).

Loading ad.
Ad could not be loaded.

En Vaca e Boi de Galicia, houbo só 11 animais, que cotizaron a unha media de 1.183 euros. Ao ser unha categoría con pouca concurrencia, prodúcese unha alta fluctuación de prezos entre unha sesión e outra dependendo das razas e características dos animais que entran a subasta. Na anterior sesión, por exemplo, a media de prezos de Vaca e Boi de Galicia estivera por riba dos 2.300 euros.

No tocante ós becerros carniceiros, houbo estabilidade nos cruces e baixada nos animais de Rubia galega. A media xeral da categoría caíu 20 euros en relación á pasada semana.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Por outra banda, no mercado de Amio (Santiago), esta semana as principais variacións de cotizacións foron nas clases O e P de vacún maior, que baixaron 5 céntimos, segundo as estimacións da organización a partir dun sondeo realizado entre as persoas usuarias. No resto de categorías non se percibiron cambios de importancia. Tampouco houbo variacións na Mesa da Prezos da IXP Ternera Gallega.

Mesas de prezos
Nas mesas de prezos de Silleda, esta semana baixaron os prezos do porcino cebado e subiron os leitóns. Pódense consultar neste pfd todas as cotizacións da Lonxa de Silleda.

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada