Carne

Subas na recría de Rubia Galega e de cruces industriais de cor no Mercado de Amio

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 16/02/2022 4:22 p.m.

Na sesión deste mércores no Mercado de gando de Amio (Santiago) rexistrouse unha suba de 10 euros nos prezos da recría das razas Rubia Galega e cruces industriais de cor, tal e como se informa na sondaxe realizada entre os usuarios do mercado. Por razóns de axuste técnico, as femias de Rubia Galega de calidade inferior incrementaron o seu prezo en 40 euros.

Na xornada o mercado de vacún mediano de matadoiro desenvolveuse con moita lentitude, contrariamente ao que ocorreu co do vacún maior.

Pola súa banda, a Mesa de prezos da Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Ternera Gallega, que fixa os prezos neste mercado, acordou manter sen cambios as cotizacións de tódalas categorías e calidades deste selo.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

En canto á asistencia de gando, contabilizáronse 1.944 reses, o que supón 214 máis que a semana pasada. Houbo 1.607 cabezas de vacún menor (223 máis que na sesión anterior), 123 de vacún mediano (36 menos) e 214 exemplares de vacún grande (27 reses máis).

Máis información
– Táboa de cotizacións de Amio (16-II-2022).

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada