Carne

Subas en vacún maior en Amio por axustes técnicos

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 25/02/2021 2:46 p.m.

A Mesa de Prezos de Gando de Abasto acordou esta semana en Amio as seguintes subas nas canais de vacún maior por necesidades de axustes técnicos: 15 céntimos nas clases R e P, así como a subclase O4; 50 céntimos a subclase 03, 40 céntimos a subclase O2 e 35 céntimos a subclase O1. Os restantes prezos mantéñense sen cambios, tanto en vacún maior como en becerros de sacrificio e gando de recría. Tampouco houbo cambios na Mesa de Prezos de Ternera Gallega.

No mercado, a asistencia esta semana foi de 2.067 reses, 370 máis que a pasada semana. Entraron no recinto feiral 1.737 cabezas de vacún menor (275 máis), 180 de vacún mediano (77 máis) e 142 de vacún grande (10 máis).

Máis información
- Táboa completa das cotizacións de Amio (24-II-2021).

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada