Carne

Subas en Ternera Gallega

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 02/07/2021 4:38 p.m.

A Mesa de Prezos de Ternera Gallega acordou esta semana subir 2 céntimos os prezos de todas as canais de peso inferior a 225 Kg. nos machos e 200 Kg. nas femias. En canais de maior peso, a suba foi de 5 céntimos.

En gando de abasto, no Mercado de Amio a sondaxe realizada entre as persoas usuarias permitiu concluír que se mantiveron os prezos en gando de recría e vacún maior, mentres os becerros carniceiros subiron 5 céntimos.

A asistencia de gando ó mercado de Amio desta semana foi de 1.795 reses, tres máis que a anterior semana. Houbo 1.497 cabezas de vacún menor, 138 de vacún mediano e 160 de vacún grande.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Máis información
- Táboa das cotizacións de Amio (30-VI-2021).

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada