Carne

Subas en Ternera Gallega Suprema en Amio

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 06/08/2020 8:53 a.m.

A Mesa de Prezos de Ternera Gallega acordou esta semana unha suba das cotizacións en Ternera Gallega Suprema de 2 céntimos nas canais de ata 225 quilos (machos) e ata 200 quilos (femias), mentres que as canais de pesos superiores soben 3 céntimos.

En canto ó resto de cotizacións de referencia que se marcan en Amio, a Mesa de Prezos de Gando de Abasto mantivo sen cambios os prezos da anterior sesión en animais de recría, becerros carniceiros e vacún maior. Aprecian, non obstante, unha tendencia forte á baixa nos prezos de todos estes tipos de gando, especialmente nas femias de recría de frisona e cruces.

O mercado de Amio tivo esta semana unha afluencia de 1.868 reses, 28 máis que a pasada semana. Houbo 1.523 cabezas de vacún menor (63 máis), 199 de vacún mediano (20 máis) e 136 de vacún grande (56 menos).

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Máis información
- Táboa completa das cotizacións de Amio (5-VIII-2020).

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada