Carne

Subas en Ternera Gallega Suprema en Amio

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 12/08/2020 4:33 p.m.

A Mesa de Prezos de Ternera Gallega acordou hoxe en Amio unha suba de 2 céntimos en todas as clasificacións e pesos de canais de Suprema. En gando de abasto, a correspondente mesa de prezos decidiu pola súa banda manter sen cambios as cotizacións da pasada semana en tódalas categorías, tanto en recría como en becerros carniceiros e vacún maior.

En recría, a decisión de repetir prezos veu motivada polo carácter atípico da baixada de gando no mercado de hoxe, onde só houbo 887 reses (636 menos que a pasada semana). A afluencia tamén foi inferior en vacún mediano, con 152 animais (47 menos) e en vacún grande, con 126 animais (10 menos).

Máis información
- Táboa de cotizacións de Amio (12-VIII-2020).

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada