Carne

Subas en Ternera Gallega no mercado de Amio

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 04/11/2021 9:13 a.m.

A mesa de prezos da Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Ternera Gallega, que se reúne os mércores no mercado de gando de Amio (Santiago), acordou unha suba de 0,04 euros para tódalas canais da categoría de Ternera Gallega, en tanto Suprema permanece sen cambios.

En canto ó resto de prezos, a sondaxe realizada entre os usuarios do mercado sinala que se manteñen sen cambios as cotizacións da sesión anterior para tódalas categorías e as calidades do vacún de recría, o de abasto para sacrificar e o vacún maior.

Nesta xornada contabilizáronse 1.718 reses, o que supón 3 animais máis que a semana pasada. Houbo 1.355 cabezas de vacún menor (43 máis que na sesión anterior), 175 de vacún mediano (21 menos) e 188 de vacún grande (19 reses menos).

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Máis información
– Táboa de cotizacións de Amio (03-XI-2021).

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada