Carne

Subas en Ternera Gallega no mercado de Amio

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 16/12/2021 4:00 p.m.

A mesa de prezos da Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Ternera Galega, que se reúne os mércores no mercado de gando de Amio (Santiago), acordou unha suba de 0,02 euros para tódalas canais das categorías de Tenreira e Suprema.

No mercado, os prezos mantéñense sen cambios no vacún de recría, abasto para sacrificar e vacún maior, segundo a sondaxe realizado entre os usuarios do mercado.

En canto á asistencia de gando, contabilizáronse 2.146 reses, o que supón 675 animais máis que a semana pasada. Este incremento débese a que a sesión anterior coincidiu a festivo. Houbo 1.698 cabezas de vacún menor (568 máis que na sesión anterior), 220 de vacún mediano (35 máis) e 220 exemplares de vacún grande (65 reses máis).

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Máis información
– Táboa de cotizacións de Amio (15-XII-2021).

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada