Carne

Subas en Ternera Gallega en Amio

A mesa de prezos da IXP acorda un aumento de 7 céntimos na categoría suprema e de 5 céntimos na normal

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 11/08/2016 2:38 p.m.

O gando inscrito en Ternera Gallega volve subir de prezos esta semana. A mesa de prezos de Amio acordou unha suba de 7 céntimos na categoría Suprema e de 5 céntimos na categoría normal. Ambos incrementos danse en todos os treitos de peso e tanto en machos como en femias.

En canto á mesa de prezos de Abasto, decidiu por unanimidade manter igual que na sesión anterior os prezos de todas as categorías e calidades, tanto en gando de recría como en abasto e vacún maior.

A asistencia de gando esta semana foi de 2.359 reses, 17 máis que a pasada semana. Houbo 1.844 cabezas de vacún menor, 274 de vacún mediano e 225 de vacún maior.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Máis información
- Táboa completa das cotizacións de Amio (10-8-2016)

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada